Deputación de Lugo

O GOBERNO DA DEPUTACIÓN LIDERA UNHA INICIATIVA PLENARIA PARA EVITAR O EMBARGO DAS VIVENDAS HABITUAIS ANTE O IMPAGO DE TRIBUTOS MUNICIPAIS QUE XESTIONA A DEPUTACIÓN

Imaxe deputación de lugo
O equipo de goberno da Deputación de Lugo presenta unha proposta, para o seu debate na próxima sesión plenaria, coa que prevé liderar, en consenso cos concellos, cambios normativos na recadación dos ingresos de dereito público municipal, cuxa xestión delegouse na administración provincialO equipo de goberno tamén propón ampliar os prazos de pago e o límite ata o cal están exentos os obrigados tributarios de achegar garantías nas solicitudes de aprazamento ou fraccionamento de pagoA presidenta da Deputación, Elena Candia, explica que se trata de dúas medidas sociais, que beneficiarán ás persoas que están a pasar por importantes dificultades económicas

Lugo, 23 de xullo de 2015.- O equipo de goberno da Deputación de Lugo lidera unha iniciativa plenaria, que se debaterá na sesión do próximo martes, a través da que propoñen facilitades á hora de cobrar os tributos municipais, cuxa xestión se delegou na administración provincial, e, entre elas, atópase a de evitar o embargo das vivendas habituais.

A presidenta da Deputación, Elena Candia, explica que esta proposta do equipo de goberno para a modificación da Ordenanza Xeral de Xestión e Recadación dos Ingresos de dereito público municipal, e que se promoverá en consenso cos concellos, “beneficiará ás persoas en risco de exclusión social”.

Unha das modificacións proposta polo equipo de goberno a través desta iniciativa plenaria, permite que, unha vez comprobado que non existen outros bens ou medios de pago da débeda tributaria no procedemento de recadación administrativa, “non se proceda a execución do embargo da vivenda habitual como último recurso na recadación”, anuncia a presidenta da Deputación.

A maiores, o equipo de goberno tamén promove con esta iniciativa unha ampliación dos prazos de pago e do límite ata o cal os obrigados tributarios están exentos de achegar garantías nas solicitudes de aprazamento ou fraccionamento do pago.

Elena Candia di que se tratan de dúas medidas sociais que afectan directamente aos veciños da provincia de Lugo, e que se enmarcan dentro da dirección de traballo encamiñada polo novo goberno provincial, dende que tomamos posesión”.