Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN ACTUALIZARÁ O PORTAL DA TRANSPARENCIA EN COLABORACIÓN COS CONCELLOS

Imaxe deputación de lugo
Armesto critica que o anterior Goberno provincial “nos deixase estaferramenta cun pésimo estado de actualización” pese ao forte investimentopúblico que dirixiron á mellora da administración electrónica, e asegurou que “tentaremosacadar un estándar de calidade semellante ao de outras administracións públicasno ámbito do desenvolvemento da administración electrónica”  A Xunta de Goberno do venres aprobará o modelo de convenio que subscribirá a administración provincial cos municipios para adherirse a este portal

Lugo, 16 de setembro de 2015.- O voceiro da Deputación de Lugo, Carlos Armesto, informou hoxe de que aadministración provincial actualizará o portal de transparencia en colaboracióncos concellos. Trátase dun servizo que “nos deixaron en pésimas condicións”,  realizado con cargo ao proxecto INNOVATE, que supuxoun desembolso do anterior goberno “dificilmente xustificable” de 1.326.000euros.

Armestoexplicou que “vémonos agora na obriga de que os concellos teñan que utilizaresta ferramenta da propia Deputación, que tivo un custo desorbitado e non seencontra plenamente operativa”, fronte á posibilidade, segundo engade ovoceiro, de que os concellos puidesen usar o Portal da Transparencia na nubepara as entidades locais do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, decarácter totalmente gratuíto.

En concreto, aXunta de Goberno do venres aprobará o modelo de convenios que se subscribiránentre a Deputación e os Concellos para adherirse a este portal propio no que“garantiremos a disposición de toda a información que demandan os cidadáns”.

A maiores, oGoberno provincial porase con urxencia en contacto cos concellos que asinen oconvenio co obxecto de actualizar a documentación que obra neste portal, o quepermitirá que esta ferramenta propicie máis facilidades á hora de acceder á labordos representantes públicos, ampliará a inclusión de contidos demandados polacidadanía, e permitirá as tramitacións necesarias.