Deputación de Lugo

A Deputación cumpre cos traballadores e aboará esta semana un 26% máis da paga extra retirada no 2012

Imaxe deputación de lugo
- O Presidente asinou este xoves o chamado “pago de nómina independente” medianteo cal se aboará esta mesma semana a todos os traballadores do organismoprovincial un 26,25% máis da paga extra retirada no 2012 - O Goberno progresista cumpre deste xeito o compromiso adquirido por GómezBesteiro no 2012 de protexer e blindar os dereitos dos traballadores- Con este pagamento, a Deputación suma unha devolución superior ao 50% dapaga extra. A vontade de Campos Conde é acadar a devolución do 100%

O Presidente da Deputación, DaríoCampos Conde, asinou este xoves o chamado “pago de nómina independente” coa quese aboará esta mesma semana a todos os traballadores do organismo provincial un26,25% máis da paga extra retirada hai tres anos polo Goberno Central de Rajoy através do Real Decreto Lei 20/2012. Con este pagamento, o organismo provincial sumaunha devolución superior ao 50 % da paga extra.

A Deputación cumpre así ocompromiso adquirido polo goberno de Gómez Besteiro no ano 2012, cando seaprobou en Pleno, co voto en contra do Partido Popular, buscar alternativas eformulas para protexer no posible, sen incorrer en ilegalidades ou fraudes delei, os dereitos adquiridos dos empregados da administración pública.

Cómpre salientar que a vontade deCampos Conde é aboar o 100 % desta paga, sempre e cando a normativa do Estado opermita.