Deputación de Lugo

O GOBERNO PROVINCIAL ENVÍA O INNOVATE Á OFICINA ANTIFRAUDE DA UNIÓN EUROPEA E ESIXIRÁ QUE SE DEPUREN RESPONSABILIDADES DERIVADAS DA NEFASTA XESTIÓN DE BESTEIRO

Imaxe deputación de lugo
Unha auditoría externa conclúe o mal funcionamento da administraciónelectrónica da Deputación e a imposibilidade de realizar a tramitación a travésdas sedes electrónicas dos concellos adheridos ao plan O voceiro considera necesario que a OLAF investigue o destino dos  24,4 millóns de euros do Innovate, xa que pese ao forte investimento feito ao abeiro deste programa a situación informática da Deputación pouco evolucionou dende 2007 e as carencias máis importantes mantéñense na actualidadeArmesto tamén lembra que o daquela asesor socialista Pablo Rivera, agora deputado do PSOE na oposición, era o encargado de informar do desenvolvemento do plan, quedando demostrada a súa falta de imparcialidade ata o punto de que el mesmo resolveu alegacións contra actos administrativos aprobados ao redor deste programa

Lugo, 03 de outubro de 2015.- O Goberno da Deputación de Lugoenvía o expediente do programa de novas tecnoloxías Innovate, desenvolvido poloPSOE no organismo e cofinanciado por fondos Feder, á Oficina que investiga asfaltas graves das institucións europeas (OLAF), por observar indicios daexistencia dun posible fraude de fondos europeos e esixirá que se depurenresponsabilidades derivadas da nefasta xestión de Besteiro.

Unha auditoría elaborada por unhaempresa externa conclúe o mal funcionamento das actuacións informáticas que selevaron a cabo con cargo a este programa, que entre as dúas fases supuxo unorzamento que supera os 24,4 millóns de euros. Este estudo céntrase naadministración electrónica e informa que as sedes electrónicas están fóra deservizo en todos os concellos adheridos ao Innovate; ao igual que dende aadministración electrónica da Deputación é tecnicamente imposible a realizaciónde operacións cun mínimo de garantías.

O voceiro do Goberno daDeputación, Carlos Armesto, defendeu a necesidade de que a OLAF investigue odestino dos 24,4 millóns de euros do Innovate, xa que pese ao forteinvestimento feito ao abeiro deste programa, a situación informática daDeputación pouco evolucionou dende 2007 e as carencias máis importantesmantéñense na actualidade. “Estamos ante unha manifesta dilapidación de fondospúblicos e a situación tal e como avala a auditoría é totalmente distinta á queos socialistas nos transmitían”, explicou Armesto, quen engadiu que “Besteiro eos seus aprendices mentían descaradamente, xa que lamentablemente son expertosen rirse dos lucenses”.

Un asesor do PSOE con pouca imparcialidade, o encargado de informar doproxecto

O voceiro do Goberno taménlembrou que o responsable de informar e, polo tanto, de firmar todos osinformes do desenvolvemento deste programa, era un dos asesores de Besteirodurante o seu Goberno, Pablo Rivera, que actualmente é deputado do PSOE naoposición. Polo tanto, os propios socialistas validaban os informes relativosao programa Innovate para a implantación da administración electrónica. “Afalta de imparcialidade está clara, ao tratarse dunha persoa vinculada a unproxecto político”.  Mesmo este deputado(daquela asesor de goberno) foi o encargo de emitir un informe a través do queresolveu alegacións “moi importantes” ante o feito de que unha empresa queparticipara na elaboración do Plan Director do Innovate, e polo tantocoñecedora dos pregos técnicos, resultase adxudicataria de varias actuaciónsdeste programa por un importe total de 5,9 millóns de euros (máis do 23% doplan). (Adxúntase documento).

Neste senso, hai que ter en contaque as auditorías realizadas ata agora pola Unión Europea baseáronse nestes informese non se centraron nunha análise da realidade. Polo tanto, segundo engadeArmesto, solicitamos que a OLAF realice unha investigación sobre o estado dae-administración.

Conclusións da auditoría

A auditoría elaborada por unhaempresa externa con credibilidade centrouse no estado de implementación daadministración electrónica tanto na entidade provincial como nos concellos adheridosao Innovate. Este estudo conclúe unha “serie de deficiencias que poñen demanifesto o fallo do Innovate e que non chegamos a entender despois do forteinvestimentos público”. Entre asobservacións da auditoría atópanse, entre outras, :

- O acceso ás sedes electrónicas medianteDNI electrónico ou certificado dixital presenta unha serie de deficiencias deseguridade e funcionamento que dificultan o acceso á ditas sedes polos usuariospara a realización dos trámites.

- A alternativa ao uso de certificadosdixitais que ofrece, é a creación dun usuario e contrasinal, sen garantirningún tipo de seguridade e fiabilidade na acreditación.

- Unha vez que se ten acceso á sede electrónica, mediante ocertificado dixital ou a creación dun usuario, a plataforma dos concellos está fóra deservizo e non se poden realizar os trámites solicitados. En ningún do concellosadheridos ao Innovate funciona a administración electrónica.

- As versións dos navegadores que requirenestas sedes son antigas, o que supón un alto risco de seguridade para osusuarios. Sería moi necesario que todos os usuarios puidesen utilizar esteservizo sen distinción do sistema operativo nin da versión.

Falsas promesas e logros

O voceiro do Goberno analiza quea auditoría sobre o estado real da administración electrónica mostra unhasituación totalmente diferente á manifestada en diversos medios de comunicacióne en múltiples ocasións por Besteiro, o que pon en evidencia as “falsaspromesas e logros dos socialistas, xa que a realidade é totalmente contraria. Nosconcellos nos que dalgunha maneira funciona o procedemento da administraciónelectrónica son aqueles que a acometeron por conta independente do Innovate,mentres que os concellos que se acolleron ao mesmo, en ningún funciona oprocedemento de administración electrónica”.

“Dedicáronse a mentir e a venderfalsos titulares ata o punto de que, en liñas xerais, a situación informáticada Deputación hoxe en día é case peor ca de 2007”, asegurou Armesto, quenenumerou exemplos do mal funcionamento do Innovate tamén na sede da Deputacióncomo que ata 2014 os servidores de recadación e de contabilidade seguían sendoos de 2007 cando “xa daquela necesitaban ser substituídos por outros máisactualizados, quedando nun proxecto desta envergadura económica fóra deatención servidores de aplicacións críticas como os de contabilidade erecadación”. Incluso a propia rede dedatos non evolucionou o debido, con grandes fallos de conexión co MuseoProvincial ou co edificio do Fogar de Santa María. En canto aos procedementos administrativos,moitos destes non son operativos pola súa incomodidade de uso e outros estánincompletos.