Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN TRASLADA AO XULGADO OS RECURSOS PRESENTADOS CONTRA A ADXUDICACIÓN DE ACCIÓNS DO C.D. LUGO

Esta decisión adóptase tras que un informe da Asesoría Xurídica manifeste adoutrina segundo a cal a litispendencia impide a revisión de oficio dos actosadministrativos, correspondéndolle a apreciación á xurisdicióncontencioso-administrativaCandia explica que trátase dun asunto pendente de resolución xudicial no que a administración provincial non desexa nin pode legalmente interferirA administración provincial habilitará 30 prazas en réxime de alugueiro para os refuxiados siriosA presidenta anuncia que se deu orde de axilizar a devolución da pagaextraordinaria aos empregados públicos correspondente ao ano 2014.

Lugo, 18de setembro de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo,Elena Candia, deu conta hoxe tras a celebración da Xunta de Goberno daaprobación do acordo de remitir ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número2 de Lugo, tanto copia do recurso de reposición presentado por varios socioscontra o acordo de adxudicación de accións do C.D. Lugo como das solicitudes derevisión de oficio da aceptación de encomenda de xestión do Concello de Lugo aesta Deputación para a enaxenación dasaccións de dita sociedade anónima deportiva.

Enconcreto, a presidenta da Deputación lembra que este asunto atópase no Xulgadodo Contencioso-Administrativo e a Deputación “non desexa, nin pode legalmenteinterferir no exercicio da labor xurisdicional”. De xeito preciso, no punto de acordo apróbaseremitir os recursos presentados por varios socios ao Xulgado “co gallo de queno seu momento aprecie, de ser o caso, a existencia de litispendencia”.

Candia asegura que adoptamos estadecisión tras un informe da Asesoría Xurídica da Deputación do día 19 de agostode 2015, no que pon de manifesto a doutrina segundo a cal a litispendenciaimpide a revisión de oficio dos actos administrativos, correspondéndolle, aapreciación de dita circunstancia, á xurisdición contencioso-administrativa

Prazasde alugueiro para refuxiados sirios

A Xunta de Goberno de hoxe tamén aprobouo compromiso da Deputación de habilitar 30 prazas en vivendas mediante o réximede alugueiro para os refuxiados da guerra de Siria. Deste xeito, a Deputación de Lugo envía áFegamp a oferta de recursos que a administración provincial poderá poñer adisposición nesta primeira fase para atender á iniciativa coordinada polaConsellería de Benestar da Xunta de Galicia.

A maiores, a Deputación de Lugo está a estudarcon técnicos e co departamento de Patrimonio o estado das instalacións das quedispón a administración lucense e que se poderían chegar a converter nunhavivenda digna para atender aosrefuxiados que chegan á provincia.

De igual maneira e de ser necesario, oGoberno provincial tamén analiza a posibilidade de dar apoio aos concellos ouentidades sociais que participen nesta iniciativa de acollida, coa finalidadede realizar unha labor coordinada e operativa no relativo aos esforzos erecursos humanos dispoñibles.

Outrosasuntos

A presidenta da Deputación informou estamañá que se mantiveron reunións cos departamentos correspondentes para axilizara tramitación necesaria de cara a devolver un 25% da paga extraordinaria aosempregados públicos correspondente ao ano 2012, o que se estima que suporá entorno a uns 220.000 euros.

Por outro lado, na Xunta de Goberno dehoxe aprobouse o modelo de convenio de colaboración entre a Deputación e osConcellos para a adhesión ao portal de transparencia, co obxecto de actualizaresta ferramenta tras recibirse en pésimas condicións pese a que os socialistasdesembolsaron un importe de 1.326.000 euros.

De igual maneira, continúase a darlletrámite ao procedemento de posta a disposición da Sociedade Protectora de Animaise Plantas de Lugo da parcela situada en Codesido, na parroquia de Santa Maríade Muxa, para os fins e actividades que desenvolve esta entidade. En concreto,a cesión desta parcela conta cunha extensión de 41.560 metros cadrados, e efectuarasedurante un período de 10 anos.

A Deputación está a atender deste xeitoá petición da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, para que podadispoñer de maior espazo e que as súas actividades podan realizarse nasmellores condicións posibles, facilitando o aloxamento dos animais, paraproporcionarlles un ambiente adecuado, cómodo e hixiénico.