Deputación de Lugo

COMUNICADO

Imaxe deputación de lugo

En relación coas informacións doGrupo Provincial Socialista sobre a colaboración económica da Deputación, oGoberno provincial quere aclarar que:

1.- Tal é como xa denunciaron ospopulares na oposición, o PSOE non está lexitimado para dar leccións de repartode fondos públicos, cando na última lexislatura repartiron entre concellosafíns o 93% dos fondos concedidos de xeito excepcional. Provocaron un grandesequilibrio territorial existente no reparto de fondos públicos e só oesforzo dos alcaldes permitiu facerlle fronte a estas restricións.

2.- O PSOE converteu a Deputaciónnun instrumento de desequilibrio, para facer un Lugo de dúas velocidades, ata opunto de crear situacións tan insólitas como que concellos da provinciarealizasen achegas económicas á Deputación, en concepto de pagos de impostos etaxas, que superaban a contía concedida dende a administración provincial aomunicipio.

3.- Esta é a realidade,utilizaron sempre a Deputación ao seu servizo, e agora a súa falta demoralidade lévaos a criticar a xestión dun Goberno popular que recibiu a todosos alcaldes, excepto aos que non quixeronvir, como foi o caso da alcaldesa de Lugo, ao igual que os eventos quesolicitaron axuda económica, como o de Pedrafita, tamén recibiron colaboraciónpor parte da Deputación.

4.- Amaiores, son moitas as cifras que se poden dar e que demostran este feito. NaXunta de Goberno do día 22 de maio de 2015, aprobaron 1.387.034,00 euros, para concellos da súa mesma cor política,o mesmo se deu na do 15 de maio, onde concederon 615.000 euros só para concellos do PSOE. Entotal, en apenas dous días, 2.002.955 euros foron para municipios en mans dePSOE.

5.-Non hai ningún dato obxectivo que poida acreditar que só axudamos aos concellosdo PP e de facelo, estariamos a garantir un reequilibriode fondos públicos, xa que os gobernos do PP durante oito anos non recibironaxuda algunha por parte do anterior Goberno socialista. Non se estarían amarxinar aos concellos, estaríanse a cumprir coas competencias de cooperación ecolaboración con todos os concellos e equilibraríamos discriminacións.