Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO E SOGAMA POÑERÁN EN MARCHA UN PROXECTO DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA

A presidenta da Deputación e o presidente de Sogama mantiveron hoxe unhareunión na que estudaron liñas de colaboración entre os dous organismos Desenvolverase en colaboración con todos os concellos da provincia e conta cun orzamento de 20.000 euros que se sufragará ao 50% entre Deputación e Sogama

Lugo, 17 de setembro de 2015.- ADeputación de Lugo en colaboración con Sogama poñerá en marcha un proxecto de compostaxedoméstica. A presidenta da institución, Elena Candia, e o presidente de Sogama,Javier Domínguez Lino, mantiveron hoxe unha reunión durante as que trataronliñas de colaboración entre os dous organismos, entre a que destaca estainiciativa que promoverá beneficios tantos aos propios veciños, coma aosConcellos, así como a nivel ambiental.

A presidenta da instituciónexplicou que este proxecto, que se desenvolverá baixo a coordinación daDeputación de Lugo durante o 2016, contará cunha dotación orzamentaria de 20.000euros, que sufragarán ao 50% a administración provincial e Sogama.

Candia engadiu que, como mostrada labor constante de apoio aos concellos, este proxecto sacarase adiante taménen consenso con todos os municipios da provincia, tendo en conta que son asadministracións locais as que se encargan de xeito directo da recollida dosresiduos. Así, esta iniciativa poderá chegar a reducir o importe que debenpagar pola súa xestión.

A maiores, segundo explicou apresidenta da Deputación será necesario promover o interese dos veciños paraque realicen compost cos residuos orgánicos que xeran e beneficiarse así dasvantaxes que supón a compostaxe doméstica, entre outras a utilización defertilizantes naturais. “Para sacar adiante este proxecto é necesario tanto aimplicación dos lucenses como das entidades locais, ao seren os organismos dereferencia en canto ao contacto directo cos veciños, os participantes doprograma”.

O proxecto inclúe unha fase dedifusión, así como outras de formación e de dotación dos medios materiaisnecesarios para o seguimento do proceso. Neste senso, a Deputación será acoordinadora, poñendo ao servizo dos concellos os medios para a posta en marchae desenvolvemento desta iniciativa, mentres que Sogama achegará o material divulgativo.

Por último, é necesario destacarque a fabricación de compostaxe doméstica constitúe unha alternativa para aredución de lixo xerada na orixe, o que permitirá unha diminución dos custos dexestión e tratamento deles.