Deputación de Lugo

ARMESTO: “ADEMAIS DO MAL FUNCIONAMENTO DAS FERRAMENTAS ELECTRÓNICAS DO INNOVATE, O GOBERNO DE BESTEIRO PUIDO TER FEITAS ADXUDICACIÓNS ILEGAIS DENTRO DESTE PROGRAMA”

Imaxe deputación de lugo
O voceiro lembrao envío do programa de novas tecnoloxías Innovate, desenvolvido polo PSOE noorganismo, á OLAF por observar indicios da existencia dun posible fraude defondos europeos ademais de esixir que se depuren responsabilidades derivadas danefasta xestión de BesteiroO voceiro dos populares afirma que o daquela asesor e concelleiro do PSOE en Láncara e na actualidade tamén deputado provincial, Pablo Rivera, resolveu, sen ter competencia, alegacións sobre conflito de intereses entre empresas na adxudicación de preto de 5 millóns de euros na segunda fase do Innovate. “A mesma empresa que fai os pregos, é a mesma que se presenta, e a mesma que gana o proceso de adxudicación, cando a lei di que isto non é legal”, matiza.

Lugo, 4 de outubro de 2015.- O voceiro do Goberno da Deputación,Carlos Armesto, asegurou hoxe que na execución do programa Innovate,desenvolvido por Besteiro no organismo provincial, “danse cuestións que candomenos rozan a ilegalidade e que polo tanto deben ser investigadas pola OficinaEuropea de Loita contra o Fraude (OLAF)”. Armesto engade que “ademais do malfuncionamento das ferramentas electrónicas do Innovate, puidéronse ter dadoadxudicacións ilegais dentro deste programa”.

Tendo enconta o xa feito público sobre a existencia dunha auditoría externa que conclúeo mal funcionamento da administración electrónica da Deputación e aimposibilidade de realizar a tramitación a través das sedes electrónicas dosconcellos adheridos ao plan tras un investimento de 24,4 millóns de euros; ospopulares consideran necesario poñer en coñecemento da Oficina que investiga asfaltas graves das institucións europeas toda a documentación que obra no seu poder. Tendo en conta, a maiores,que as auditorías realizadas ata o momento polas administracións e nas que seescudan os socialistas só se basearon nos informes asinados polo PSOE e non secentraron nunha análise da realidade.

Dúbidas nas adxudicacións

Enrelación coas adxudicacións feitas ao abeiro deste programa, Armesto explicaque na segunda fase do Innovate adxudicóuselle a unha empresa o servizo deelaboración do Plan Director para Análisede Deseño das Principais Actuacións no Marco do Proxecto Innovate2: DeputaciónDixital, cun importe de 171.000 euros. Ao analizar o prego de prescriciónstécnicas deste contrato, este inclúe a elaboración e especificacións técnicas oupreparatorias dun novo contrato, en concreto o de Servizos para Fomentar e Potenciar o Uso das Tecnoloxías da Informacióne Comunicación para a Mellora das Deficiencias da Deputación e Entidades Locais,Optimación de Recursos e Mellora da Competitividade da Deputación Dixital,que foi adxudicado á mesma empresa, por un importe de 3.400.346’74 euros . Édicir, “o mesmo que fai os pregos, é o mesmo que se presenta, é o mesmo que ogana o proceso de adxudicación”, matiza.

Nestesenso, Armesto manifesta que esta circunstancia resulta “sospeitosa, tendo enconta a lexislación vixente e máis que a empresa adxudicataria puido ter accesoá documentación con carácter previo ó anuncio de contratación, o que sería unhailegalidade evidente”. O artigo 56 do TRLCSP, que regula os contratos no sectorpúblico, especifica que “non poderán concorrer á licitación empresasque participaran na elaboración das especificacións técnicas ou de documentospreparatorios do contrato, nin por si nin mediante unión temporal deempresarios…”. Para máis información, esta situación demóstrase a travésdos BOP de 30/11/2011, 15/12/2011, 19/12/2011 e 10/02/2012, entre outros, noque se refire ó primeiro contrato citado, e no relativo ao segundo, adocumentación atópase no DOUE dos días 21/01/2012,28/02/2012, 09/03/2012 e 28/05/2012”.

O asesor que resolve as alegacións nontiña competencia para facelo

Armestoexplica que para “vestir de legalidade” todo este proceso, o daquela asesor dopresidente Besteiro e concelleiro do PSOE en Láncara e hoxe en día taméndeputado provincial, Pablo Rivera, asinou un informe a través do que resolve ásalegacións presentadas ao respecto, o que só podería facer persoal funcionarioda Deputación. Polo tanto, dáse a circunstancia de que Pablo Rivera firma uninforme sobre a compatibilidade da empresa adxudicataria dos dous contratos, através do que intenta xustificar que “a empresa si pode concorrer ó segundologo de ser a autora do primeiro”.

Amaiores, o voceiro do Goberno da Deputación tamén cita outros exemplos dos queinforma o asesor sen ter competencia. “Pablo Rivera asinou un prego para o quenon estaba capacitado legalmente, prego que leva o conforme do deputadodelegado por aquel entón e hoxe deputado no Parlamento de Galicia, José RamónVal Alonso”. Polo tanto, “resulta cando menos chocante que ningún funcionario,con capacidade legal para facelo, asinase esa documentación, o que dá pé apensar que estamos antes presuntas ilegalidades”.

O GrupoProvincial do Partido Popular xa presentara as alegacións correspondentes que“non foran tidas en conta polo Goberno de Besteiro, un executivo que inclusonos contratos importantes lle puxo moitos pegas as empresas de Lugo para queoptaran a algunha adxudicación”.

As “chapuzas” do Goberno de Besteiro

Polotanto, Armesto explica que o programaestrela de Besteiro “cuxo resultado nos vendeu nos medios baseándose enmentiras, claras e manifestas, é un exemplo máis das chapuzas de Besteiro aofronte da Deputación e por esta nefasta xestión débense depurarresponsabilidades para que non se vexa danada a imaxe da instituciónprovincial”. Ademais, o actual deputado do PSOE na oposición “foi xuíz e parteno desenvolvemento deste programa, sobre o que existen indicios dun posiblefraude e da comisión de presuntas ilegalidades”. Ante esta circunstancia,Armesto engade que “o noso deber e poñelo en coñecemento da OLAF e posiblementeda Fiscalía para que, de habelas, depure posibles responsabilidades”.