Deputación de Lugo

O LUNS INICÍANSE AS ENTREVISTAS PARA SELECCIONAR AOS BENEFICIARIOS DOS 304 POSTOS DE TRABALLO DO BEN EMPREGADO II

Imaxe deputación de lugo
O deputado responsable de Emprego incide na “normalidade” que se está aseguir na tramitación desta edición do Ben Empregado, seguindo as indicaciónsaprobadas nas basesMañá xoves publicarase na web da Deputación a listaxe cos horarios de realización das entrevistas Durante dez días levarase a cabo este proceso de entrevistas aos 1357 aspirantes que optan a un posto de traballo

Lugo, 23 de setembro de 2015.- O deputado delegado de Emprego,José Antonio García, anunciou hoxe que o luns iniciarase o proceso deentrevistas para seleccionar aos traballadores que cubrirán os 304 postos detraballo que ofrecen as empresas e entidades beneficiarias do Ben Empregado II.

Mañá xoves publicarase na web daDeputación a listaxe coa data e horario de celebración de cada entrevista,identificada co código de cada perfil. Tamén se informará sobre os oitotribunais avaliadores, compostos cada un deles por dous funcionarios adscritosao Servizo de Emprego. “Séguese a mesma distribución dos tribunais que a utilizadano Ben Emprego I e segundo indican as bases publicadas no boletín”, explicouJosé Antonio García.

O deputado de Emprego indica quea previsión é que o proceso de selección dure dez días, durante os que seentrevistarán ás 1357 persoas, cuxa solicitude se adecuou ás bases, e quebuscan acceder a un dos 307 postos de traballo que demandan as 285 empresas eentidades beneficiarias do Ben Empregado II (das cales 245 son empresas e 40son asociacións).

Do mesmo xeito, no que respecta áprimeira edición deste programa de emprego tamén se cubrirán 11 perfís a raízda renuncia de varias empresas. Recorrerase á lista de reserva de entidadespublicadas para asignar traballadores a cada un destes postos de traballo.

Polo tanto, José Antonio Garcíaresaltou a “normalidade” que se está a dar neste proceso e incidiu nocompromiso do Goberno provincial coa creación de emprego “aproveitando todos osrecursos que ofrece a administración”.

Nesta liña de traballo, en breve,e atendendo ao procedemento establecido nas bases, a Deputación de Lugo abriráde novo o proceso para darlle cobertura ás 53 empresas beneficiarias do BenEmpregado II, cuxos perfís quedaron desertos.