Deputación de Lugo

A Deputación despexa a neve de estradas de Pedrafita, Courel e Cervantes

Son os Concellos afectados pola primeira nevada da tempada, nas que actúan 15 operarios e 11 máquinas do organismo provincial, posto que as vías teñen acumulacións de neve de 10 centímetros.

As estradas afectadas, polas que se circula con dificultades e nas que están a traballar, son as seguintes:

- En Pedrafita: LU-P-1301 de Seoane de Courel a Pedrafita; LU-P-3701 das Nogais a Pintinidoira. Tamén se traballa na vía de Pedrafita ó Portelo.

- En Cervantes: LU-P-1411 de Vilanova ó Portelo; LU-P-1401 de Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1405 de Campa da Braña ao Circo de Tres Oblispos. Están despexados os accesos ó Albergue dos Ancares e ó hotel do Piornedo.

- En Folgoso do Courel: LU-P-1303 de Seoane por Visuña a Ferramullín; LU-P-1305 de Campa por Vilar ó Alto do Boi; LU-P-1304 de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-4501 do Poio por Lourarela e Teixeira. O núcleo de Teixeira está despexado.

O dispositivo da Deputación seguirá a traballar ó longo de toda a xornada. Hai máis medios na Fonsagrada, O Incio, Samos e Becerreá preparados, que polo de agora non tiveron que actuar.