Deputación de Lugo

COMUNICADO DO GOBERNO PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Imaxe deputación de lugo
Ante os criminais e execrables atentados en París, o Goberno Provincial da Deputación de Lugo manifesta a súa “máis absoluta repulsa e consternación”.

Así llo trasladou o Executivo da Deputación á Embaixada de Francia en España e á Embaixada de España en Francia a través dun comunicado para que fose remitido ao Goberno francés e á Alcaldesa de París.

No comunicado, o Goberno Provincial expresa a súa solidariedade co pobo francés e as súas institucións, o seu sentimento de pesar e condolencias ás vítimas e familiares,  agardando o restablecemento dos feridos.

O Executivo da Deputación defende “a unidade na defensa das liberdades e da democracia contra quen quere poñer en risco, sexan de onde sexa e cales foran os seus métodos, os principios da nosa sociedade de dereito, baseada na convivencia en paz entre todos os pobos de Europa”.