Deputación de Lugo

O Presidente súmase ás reivindicacións de CERMI para facilitar o acceso universal aos servizos de dependencia

- O Comité de Entidades de Representantes de Persoascon Discapacidade de Galicia recaba sinaturas para presentar unha ILP noCongreso coa que modificar a Lei de Dependencia e garantir estas axudas áspersoas con menos recursos económicos  - Campos Conde salientou “as dificultades paraacceder a estas axudas logo de que o Goberno Central recortase en 1.400 millónsde euros os fondos para dependencia nos últimos tres anos, feito que se suma aocopago de fármacos ou de próteses”- “Candia preferiu repartir 5 millóns entre Concellosdo PP que pagar aos proveedores, camulando facturas de 3 millóns de euros”. E éque a de Lugo pasou de ser a Deputación galega que máis rápido pagaba asfacturas cunha media de 13-18 días, a situarse á cola ao facelo en 33-37 díasnos últimos tres meses

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, sumoseeste venres á campaña de recollida de sinaturas que está a realizar o Comité deEntidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI)para presentar unha ILP no Congreso co obxectivo de modificar a lexislación enmateria de dependencia e facilitar o acceso universal a estas axudas.

Campos Conde subliñou que “temos que protexer áspersoas que sofren unha discapacidade e teñen menos recursos, posto que están ater serias dificultades para acceder aos servizos de dependencia logo de que oGoberno Central recortase en 1.400 millóns de euros os fondos para estaprestación nos últimos tres anos, feito que se suma ao copago dos fármacos oudas próteses”.

CERMI suma en Galicia, polo de agora, 15.000sinaturas. No conxunto de España, xa supera as 500.000 necesarias parapresentar a Iniciativa Lexislativa Popular coa que impulsar as seguintesmodificación na Lei de Dependencia:

-  Ampliar os factores que determinan esta prestación, tendo en conta aidade, momento vital de aparición da situación de dependencia e a súa maior oumenor prolongación ao largo da vida da persoa beneficiaria.

- Exención do copago a persoas con rentas por debaixo dos 1.331 euros, édicir, que non superen o 2,5 do IPREM.

- Fixar unha aportación máxima por persoa que non sexa superior ao 60%do custo do servizo.

- Garantir ás persoas en situación de dependencia unha cantidade paradestinar a custos persoais que non sexa inferior ao 40% da súa capacidadeeconómica.

Facturas pendentesde pago

Noutro orde de asuntos e a preguntas dosxornalistas, Darío Campos salientou que a Deputación de Lugo deixou de ser aque máis rápido pagaba as súas facturas en Galicia co Goberno de Besteiro, poisa media de pago mensual era de entre 13 a 18 días, a situarse á cola ao facelo en33-37 días nos últimos tres meses. O Presidente explicou que “o Executivo deCandia non priorizou o pago de facturas, habendo hoxe pagos pendentes de 3millóns de euros. E non foi un problema de liquidez. Candia preferíu repartir 5 millóns de euros daDeputación entre Concellos do PP que pagar aos provedores da institución”.