Deputación de Lugo

A Deputación habilita 4 rutas alternativas polo corte ao tráfico da Ponte do río Ladra

Imaxe deputación de lugo

A Deputación de Lugo habilitou durante este martes 4 rutas alternativas por mor do corte ao tráfico da Ponte do río Ladra, na LU-P-5101, de Rábade a Friol, que ser fará efectivo a partires de hoxe ás 17:00 horas.

Os técnicos e enxeñeiros provincias, que levan xa dende o venres analizando a situación da ponte, acordaron efectuar este cortar e habilitar rutas alternativas mentres estudan a situación desta infraestrutura e a súa solución. As actuación a levar a cabo iniciaranse de xeito inmediato, pois foi catalogada como unha obra de emerxencia.

As rutas habilitadas son:
1.- Os usuarios procedentes da N-VI, en Rábade, que accedan polo polígono industrial ou polo campo de fútbol, teñen sinalización na rotonda desta estrada. Ademais, tamén se pode dar a volta antes de entrar na LU-P-5101, e continuar pola N-VI ata o cruce coa estrada a Pena de Rodas, en Begonte (acceso pola LU-P-0802 e a continuación pola LU-P-3902).

2.-Os usuarios procedentes da N-VI en Begonte e que accedan pola LU-P-0802 e a continuación pola LU-P-3902, teñen sinalizado un cambio de sentido ou continuar ata a ponte cortada, para deste xeito acceder a Pena de Rodas ou continuar pola LU-P-5101, dirección Vicinte ata chegar a LU-P-1611 “Cinturón Comarcal”, onde se pode optar por ir dirección Begonte ou dirección Friol.
 
3.- Os usuarios procedentes de Friol ou Begonte pola LU-P-1611 “Cinturón Comarcal” poden continuar en calquera das direccións ou continuar pola LU-P-5101, ata a Ponte e logo proseguir cara Pena de Rodas ou ben continuar pola LU-P-3902 e proseguir pola LU-P-0802, dirección N-VI, en Begonte.

4.- Para os residentes: existen pistas municipais que permiten acurtar o traxecto entre a LU-P- “Cinturón Comarcal” e LU-P-3902, ou entre a LU-P-1611 e a LU-P-5101, se ben soamente son aconsellables para os usuarios coñecedores dos itinerarios, xeralmente persoas residentes nas parroquias limítrofes.