Deputación de Lugo

159 desempregados lucenses comezan a traballar en 141 empresas e colectivos da provincia

- Hoxe tiveron un encontro co Presidente con motivo da celebración da xornada informativa previa a súa incorporación laboral a través do Ben Empregado - Son 487 as persoas que estaban no paro e que se insertaron laboralmente con este programación da Deputación. Ata mañá, está aberta a solicitude doutros 70 empregos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, recibiron este mércores no Pazo de San Marcos a 159 desempregados lucenses e aos 141 representantes das empresas e colectivos nos que comezarán a traballar. Fíxoo con motivo da celebración da xornada informativa previa a súa incorporación laboral a través do Ben Empregado.

Os técnicos provinciais explicaron polo miúdo durante a xornadas os dereitos e obrigas da participación neste programación de emprego. As entidades e colectivos incorporan, obrigatoriamente, cláusulas sociais nos contratos para blindar os dereitos laborais e salariais dos traballadores. Non se poden incumprir os convenios dos respectivos sectores. Por exemplo, reducir os soldos ou aumentar os horarios. Neste caso, perderían directamente a subvención do organismo provincial. Os traballadores, que teñen un período de proba, contan con contratos por un mínimo dun ano, con vontade das empresas e asociación de ser prorrogable. A Deputación asume os custes salariais e da seguridade social dos empregados.

benempregado2@deputacionlugo.org.