Deputación de Lugo

A Deputación atende máis dun cento de incidencias relacionadas co temporal de choiva 

A Deputación atendeu durante esta xornada máis dun cento de incidencias relacionadas co temporal de choiva que está a atravesar a provincia de Lugo. Concretamente, o operativo despregado nos Concellos afectados atendeu alertas por inundacións, balsas de auga, barroncas, fochas ou árbores caídas entre outros.

As estradas nas que se traballa, que arestora están cortadas ao tráfico, son:

  • Vilalba: LU-P-6505, de Martiñan á igrexa de Corvelle, LU-P-6516 da estrada de Vilalba a Betanzos á de Vilalba a Ferrol, e a  LU-P-6508 de Vilate a Ribado.
  • Xermade: LU-P-2207, de Raiola por Ponte Corbal a Buriz e a LU-P-2202 ao seu paso por Roupar, en Xermade.
  • Samos: LU-P-5601, de Samos ao Courel e Rampa á Santa Mariña.
  • Muras: LU-P-6502, de Vilalba, por A Balsa, a Chavin
  • Castro De Rei: LU-P-1112, de Muimenta a Pacios, LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, á estrada de Bretoña a Lindin, e LU-P-1105 de Ponte Outeiro a Quintela.
  • Barreiros: LU-P-0602, da N-634 á praia de Barreiros.
  • A Pastoriza: LU-P-4401, da estrada de Paraxes á Lourenza, pola Pastoriza e Reigosa, a Muimenta.
  • Begonte: LU-P-0802, de Begonte a Santalla.
  • Ribadeo: LU-P-5205, da N-634 á de Portovega.
  • Cospeito: LU-P-1701, de Feira do Monte a Muimenta, LU-P-1702 de Feira do Monte, por Pino, a Fontefria e LU-P-1703 de Xustas, por Bexan, a Oroxe e Rampa á Igrexa de Bexan.
  • Viveiro: LU-P-6606, de Augadoce, por Faro, a Fontao.

A Deputación de Lugo, dentro da súa liña de colaboración interadministrativa, informou á Subdelegación do Goberno sobre as incidencias rexistradas durante estas xornadas para que teña constancia da situación real da provincia lucense.