Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo súmase ao minuto de silencio polos atentados de Bruxelas

As bandeiras da Deputación de Lugo ondean a media asta dende hoxe mércores, en sinal de dor ante o atentado de Bruxelas, dende as 12:00 horas ata as 24:00 horas do día 24 de marzo

Deputados do Goberno Provincial de Lugo sumáronse, xunto ás demais autoridades, ao minuto de silencio pola vítimas nos atentados en Bruxelas, que se convocou diante da Praza do Concello de Lugo.
As bandeiras da Deputación de Lugo ondean a media asta dende hoxe mércores, en sinal de dor ante o atentado perpetrado en Bruxelas, dende as 12:00 horas ata as 24:00 horas do día 24 de marzo. A Deputación de Lugo quere deste xeito amosar a súa solidariedade cas vítimas deste atentado, cos seus familiares e co pobo belga.