Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación, Darío Campos, participou na inauguaración da XIII Festa do Berberecho de Foz

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, asistiu este sábado ao acto de inauguración da XIII Festa do Berberecho de Foz. O Presidente estivo acompañado durante a lectura do pregón –que correu a cargo do veciño de Foz Ramón Fernández (Moncho da Chila)- polo Alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro. A Festa conta cunha achega provincial de 3.000 euros. Mañá domingo, a Festa do Berberecho continuará polos locais de hostalería de Foz de 12.30 a 15.00 horas. A xornada estará acompañada polas rúas con actuacións de música tradicional a cargo de diferentes grupos folklóricos.