Deputación de Lugo

A Deputación acolle o venres a xornada informativa “A situación actual das finanzas municipais”

- É a xornada que organiza o IDEGA da USC, que creou un observatorio que analiza anualmente a evolución das economías locais e o impacto no territorio - Está dirixida a todos os Concellos da provincia, especialmente, ao dos departamentos económicos das entidades locais, así como ao público en xeral - Participarán expertos das Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e Oviedo: Javier Suárez Pandiello, Santiago Lago Peñas, José Caamaño ou Concepción Campos

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especiais de Contas, Pilar García Porto, e o representante do IDEGA e tamén Presidente do Foro Económico, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentaron este martes a xornada informativa A situación actual das finanzas municipais, que acollerá o Salón de Actos do Pazo de San Marcos este venres, 22 de xaneiro.

García Porto explicou que se trata dunha xornada que organiza o Instituto Universitario de Estudos e Desarrollo de Galicia da USC (IDEGA), pois creou un observatorio que analiza anualmente a evolución das economías locais e o impacto no territorio. Está dirixida a todos os Concellos da provincia, especialmente, ao persoal que traballa nos departamentos económicos das entidades locais, así como ao público en xeral.

Na xornada participarán destacados expertos das universidades de Vigo, Oviedo e Santiago de Compostela, que afondarán nos procedementos técnicos para a mellora da xestión municipal, entre outros asuntos.

Programación
09:15 HORAS.- Apertura. A cargo da Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especiais de Contas, Pilar García Porto e do representante do IDEGA, Xoaquín Fernández Leiceaga.

09:30 HORAS.- “Unha panorámica xeral das finanzas do nivel municipal”: a cargo do Catedrático de Economía da Universidade de Oviedo, Javier Suárez Pandiello; autor de publicacións como “La Financiación Local en España: Radiografía del Presente y Propuesta de Futuro”; “El Esfuerzo Fiscal de los Municipios Españoles” ou “Déficit y Endeudamiento en las Haciendas Territoriales Españolas”, que fará unha pequena introdución  sobre a situación actual dos concellos e municipios a nivel económico e financeiro.
10:30 HORAS.- “As finanzas municipais nos Concellos de Lugo durante a crise: un balance e algunhas propostas”, a cargo do Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e representante do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga. Nesta conferencia, Fernández Leiceaga ofrecerá unha visión polo miúdo da situación actual dos Concellos da provincia de Lugo en relacións as súas contas e finanzas. Durante a sesión, o Director do IDEGA ofrecerá propostas para mellorar a situación da economía dos Concellos e, polo tanto, da provincia.
12:00 HORAS.- “Os instrumentos tributarios municipais: ¿que debemos cambiar e como?”, da man de Santiago Lago Peñas, Catedrático e Director do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. É experto en campos como a facenda pública local, a economía rexional ou o voto económico, entre outros. Nesta conferencia, Lago Peñas fará un balance sobre as ferramentas que teñen os Concellos para recadar impostos para despois ofrecer novas vías para mellorar a situación financeira dos municipios.
13:00 HORAS.- “Transparencia e reformas orzamentarias: dous instrumentos de mellora de xestión”. Nesta mesa participarán José Caamaño, profesor de Economía Aplicada de Santiago, y Concepción Campos, secretaria de goberno local del Concello de Vigo y codirectora de Red Localis, que reúne a profesionais municipais e investigadores universitarios. Nesta conferencia trataranse temas como a importancia da participación, transparencia e goberno aberto, así como a importancia de realizar cambios na distribución clásica dos orzamentos, para conseguir os Concellos poidan mellorar a súa labor.
14:00 HORAS.- Peche, a cargo do Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde.