Deputación de Lugo

O Presidente compromete en Sarria 310.000 euros para a residencia, a piscina e a Ponte Ribeira

- Campos Conde fixo a súa primeira visita institucional ao Concello onde deixou plasmado no Libro de Ouro o seu compromiso cos sarrianos. “Espero que esta sexa a primeira de moitas visitas a Sarria e, o primordial, que delas xurdan máis colaboracións como as de hoxe para mellorar a calidade de vida dos veciños” - O Presidente explicou que a primeira petición que lle fixo a Alcaldesa nada máis chegar á institución foi financiar melloras na residencia, “pois o goberno municipal do PP tíñaa abandonada. Entraba corriente polas fiestras e non había sábanas ou toallas” - A Deputación achegará 40.000 euros “ás obras na instalación eléctrica da piscina, que o Goberno local do PP nunca executou”, e así poder abrir estas instalacións - Ante o incumprimento da Xunta de financiar a través de Augas de Galicia o 30% das obras na Ponte Ribeira, tal e como recolle o convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil,  Campos decidiu asumir estas actuacións con 150.000 euros da Deputación - O Presidente e a Alcaldesa mantiveron un encontro cos veciños de Céltigos que non teñen auga potable nin canalización de saneamento porque a Xunta, administración responsable, tampouco executa estas obras. Campos comprometeuse coas mesmos

O Presidente, Darío Campos Conde, realizou este luns a súa primeira visita institucional ao Concello de Sarria, onde comprometeu o primeiro investimento da Deputación do 2016 para este municipio, dotado de 310.000 euros. Acompañado pola Alcaldesa, Pilar López Yánez, Campos Conde asinou no Libro do Ouro do Concello, onde deixou reflexado o seu compromiso cos sarrianos, apuntando que “espero que esta sexa a primeira de moitas visitas a Sarria e, o primordial, que delas xurdan máis colaboracións, como as de hoxe, para mellorar a calidade de vida dos veciños”.

Campos Conde e Lopez Yánez acordaron as seguintes colaboracións da Deputación, que se enmarcan nos 7 millóns de euros do Orzamento para 2016 que o Presidente quixo dispor para obras nos 67 Concellos da provincia:

- 120.000 euros para melloras na residencia de Sarria.  Campos Conde explicou que a primeira petición que lle fixo a Alcaldesa nada máis chegar ao organismo provincial foi, precisamente, financiar melloras na residencia ante “o estado de abandono na que a deixou o Goberno municipal do PP, pois ata entraba corrente polas fiestras e non tiñan material básico, como sábanas ou toallas”. O investimento da Deputación será para acondicionar esta dotación social e equipala.

- 150.000 euros para a Ponte Ribeira. A petición dos veciños e da propia Alcaldesa, o Presidente decidiu que a Deputación financie estas actuacións e supla, deste xeito, á Xunta, pois o responsable destas mesma é Aguas de Galicia. De feito, este departamento autonómico comprometérase a financialas nun 30% nun convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que incumpre.

- 40.000 euros para as obras de electricidade que permitan poñer en marcha a piscina municipal. Son unhas actuacións que o anterior Goberno municipal do PP tiña prometido pero que nunca executou, e que agora asume o organismo provincial co obxectivo de abrir as portas destas instalacións.
 
Traída de auga de Céltigos
O Presidente e a Alcaldesa mantiveron un encontro con veciños de Céltigos, unha parrroquia duns 80 habitantes que non dispoñen de auga potable nin de canalización de saneamento nas súas casas, aínda que, paradóxicamente, viven a carón dunha empresa comercializadora de auga. A Xunta, administración responsable destas actuacións, non ten previsto levalas a cabo. Ante esta situación, Campos Conde comprometeuse coas mesma, sendo o seguinte investimento que levará a cabo a Deputación en impulso das prestacións públicos dos sarrianos, e suplindo de novo á administración autonómica dende o organismo provincial.