Deputación de Lugo

O Pleno aproba o informe económico e o modelo de xestión pública do Centro de Recría

Imaxe deputación de lugo
Acordada por unanimidade a nova ordenanza de Teleasistencia con melloras neste servizo gratuíto para os Concello e co incremento de 500 novas prazas. Senón hai alegación, comezará a funcionar en agosto

O Pleno aprobou, cos votos a favor dos Deputados do PSOE, BNG e do non adscrito, pois os do PP abstivéronse, o informe económico e o modelo de xestión sobre o Centro de Recría da Deputación, que elaboraron reputados expertos da USC, e que reafirman a idoneidade do funcionamento destas instalacións a través dunha xestión publica de concesión de servizos, que conte, ademais, coa participación directa dos gandeiros.

O Partido Popular propuxo que este asunto quedase enriba da mesa, pois os populares apostan por un modelo de xestión demanial, que implica a desvinculación da Deputación do centro tras adxudicarse a súa xestión a unha/s entidade/s, supoñendo a súa privatización. Pola contra, o Goberno propón unha modelo de xestión pública de concesión de servizos, que conleva o control por parte da propia administración deste servizo durante a súa actividade. Isto garantirá o cumprimento, por exemplo, dos prezos da recría, que serán máis vantaxosos que os dun centro privado, e ata sancionar aos licitadores en caso de non cumprir co establecido nos pregos, podendo inclusive rescindir o contrato. Reputados expertos da USC validaron este modelo de xestión.

Documentación imprescindible e pública
O Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, apuntou que aprobar esta documentación na sesión plenaria era imprescindible para poder continuar co procedemento de adxudicación do centro. Deste xeito, Rodríguez Ónega especificou que os técnicos provinciais determinaron que era necesaria a elaboración dunha memoria con aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financieros sobre a nova actividade que vai a desempeñar a Deputación no Centro de Recría, precisamente, pola seu carácter totalmente innovador, para xustificar, deste xeito, a conveniencia de levar a cabo esta actividade dende o organismo provincial, así como a oportunidade económica que suporá a posta en marcha destas novas instalacións pública na provincia de Lugo.

Por este motivo, a Deputación púxose en contacto coa Universidade de Santiago de Compostela para, coa súa colaboración, nomear aos integrantes dunha Comisión Técnica, que se encargase da elaboración de dita memoria. A proposta da USC, esta Comisión Técnica está integrada polo profesor e investigador da Facultade de Veterinaria, Eduardo Yus, e o profesor de Economía Agraria, Francisco Sineiro.

Estes reputados expertos foron os responsables de redactar o informe económico, técnico e sanitario que hoxe se aprobou no Pleno. Toda esta información será publicada de xeito inmediato no Boletín Oficial da Provincia. Durante un mes, estará a exposición pública para que, todos os cidadáns que o desexen, principalmente os profesionais do sector gandeiro, poidan consúltala e facer todas e cantas achegas consideren necesarias.

Transcorrido este prazo legal de exposición, esta documentación quedará aprobada definitivamente, sempre que non haxa alegacións. Isto permitirá continuar co proceso de contratación a través dun modelo de xestión pública coa participación dos gandeiros.

Datos da memoria
Na memoria determínase que en Galicia hai unha demanda de recría de máis de 108.000 cabezas de gando. Con respecto á provincia, esta é duns 50.000 exemplares. Constátase que na actualidade en España hai tan só 4 centros de recría. Tres totalmente privados, que se sitúan en Mazaricos (A Coruña) con capacidade para 1.000 novillas; un en Pantón (Lugo) con capacidade para 350; e outro en Mallén (Zaragoza) con capacidade para 9.000. Hai outro en Altzola (Guipuzoca) en terreos públicos da correspondente Deputación, pero cuxa explotación está en mans privadas e sen control público. Este último ten capacidade para 350 novillas. Polo tanto, o Centro de Recría da Deputación de Lugo plantéxase como o primeiro centro de titularidade pública e de xestión pública que existe en España. Cómpre lembrar acollerá a 3.000 novillas, duplicando a capacidade de recría que hai na Comunidade galega.

O estudio recolle que o prezo da recría en España oscila entre os 1.400 e os 1.800 euros, prezos que serán menores no centro público da Deputación. As instalacións provinciais aforrarán ademais cuantiosos gastos correntes. Por exemplo os enerxéticos, ao contar cunha planta de biogás que fará que o centro sexa prácticamente autosufiente e sostible, transformando os xurros en enerxía.

Teleasistencia
O Pleno aprobou por unanimidade a nova ordenanza de Teleasistencia, que implica unha mellora deste servizos totalmente gratuíto para os Concello, así como o incremento de 500 novas prazas. O BOP publicará esta información nos vindeiros días, abrindo un prazo de presentación de alegación de 30 días. De non presentárense, esta renovada prestación estará en pleno funcionamento no mes de agosto.