Deputación de Lugo

Novas prazas para o congreso “Rexeneración Urbana e Territorial” tras cubrírense as 160 primeiras

Imaxe deputación de lugo
Os interesados en participar poden inscribirse en  www.deputacionlugo.gal

A Deputación de Lugo habilita novas prazas para asistir ao congreso “Rexeneración Urbana e Territorial”, no que participaránreputados arquitectos e catedráticos de España, cunha recoñecida traxectoria profesional con, por exemplo, varios Premios Nacionais de Arquitectura. Terá lugar os días 10 e 11 de xuño no Pazo de San Marcos. Nestes intres, xa hai máis de 160 persoas con praza reservada, que enchen o Salón de Actos. Por iso, habilítase o Salón de Plenos, ofrecendo outro cento de localidades. Os interesados en participar poden inscribirse en  www.deputacionlugo.gal.

Esta iniciativa inclúese no convenio de colaboración de Deputación e APEC para impulsar a construción na provincia, dando conta das oportunidades económicas e laborais que supón a rehabilitación eficiente e sostible. A construción é un dos sectores máis afectados pola crise económica, que na provincia de Lugo xera uns 9.000 empregos de xeito directo e centos indirectamente.

Programación con expertos de renome
O Congreso celebrarase en dúas xornadas, unha o venres, de carácter teórico, e outra o sábado, que será eminentemente práctico.

Venres, 10 de xuño:
10:00-10:15 horas: Presentación oficial do Congreso Rexeneración Urbana e Territorial
10:15-10:50 horas: Ponencia Intervención en Casco Histórico, a cargo do Arquitecto coordinador de proxectos e obras da oficina técnica del Consorcio de Santiago, Ángel Panero Pardo
10:55-11:30 horas: Ponencia Rehabilitación Integral de vivenda unifamiliar en Coeses, a cargo do Arquitecto e Profesor Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Emilio Rodríguez Blanco
12:00-12:35 horas: Ponencia Rehabilitación casa en redonda, a cargo dos Arquitectos e Profesores Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña, Creus e Carrasco arquitectos
12:40-13:15 horas: Ponencia Casa en Paderne de Courel, a cargo do Doutor, arquitecto e Profesor Escola Técnica Superior de Arquitectura de Coruña, Carlos Quintáns Eiras
13:15-14:00 horas: Mesa Redonda na que participarán os expertos das anteriores poñencias e que estará moderada polo Arquitecto e Presidente COAG Lugo, Raul J. Veiga
16:30-18:00 horas: Ponencia Arquitectura da vivenda, a cargo do Premio Nacional de Arquitectura, Manuel Gallego Jorreto
18:00-18:30 horas: Descanso
18:30-20:00 horas: Ponencia Arquitectura e realidade, a cargo de Premio Nacional de Arquitectura, Víctor López Cotelo
20:00-20:45 horas: Mesa Redonda na que participarán os expertos das anteriores poñencias e que estará moderado polo Doutor e Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, Fernando Agrasar Quiroga

Sábado, 11 de xuño:
08:00 horas: Saída de Lugo cara Santiago de Compostela
09:45-11:15 horas: visita ao Centro Nacional de Referencia en Rehabilitación
12:00-13:30 horas: visita ao Museo das Peregrinacións
13:30 horas: Saída de Santiago de Compostela
15:00 horas: Chegada a Lugo e remate do congreso