Deputación de Lugo

Máis de 20 actividades programadas para esta semana co Mercado de Nadal da Deputación

- Continúa a programación de actividades totalmente gratuítas e para todas as idades que ofrece o organismo provincial na Praza de San Marcos para estas datas de Nadal - Obradoiros con material de refugallo, demostracións artesanais, actuacións de corais da provincia ou espectáculos de maxia son algunhas das actividades desta semana

Continúa a programación de actividades gratuítas e para todos os públicos que o Goberno da Deputación puxo en marcha a través do Mercado de Nadal, unha iniciativa que promove a artesanía e dinamiza o comercio lucense. Ademais, ata o 5 de xaneiro, está aberto o mercado de artesanía, que este ano conta con 11 profesionais do sector que amosan os seus traballos e produtos.

O horario do Mercado de Nadal da Deputación é de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas. O 24 de decembro o horario de tarde será de 16:00 a 18:30 horas.

Programación actividades para esta semana
Sábado 24 de decembro
- De 12:00 a 13:00 horas e de 17:30 a 19:30 horas. Actuación de maxia O Baúl do Mago.
- O 24 de decembro ás 12:00 horas.- actuará o Coro San Antonio na Praza de San Marcos, Praza de Santo Domingo e na Rúa da Raíña. Á mesma hora, na Praza de San Marcos actuará a Asociación Músico Vocal Xeada.