Deputación de Lugo

Campos Conde reivindica a provincia de Lugo como exemplo de produción agroecolóxica sostible

- O organismo provincial fai unha achega de 40.000 euros para financiar do Congreso da SEAE; así como para a celebración de NaturaLugo, que se inaugurará mañá - Campos Conde sinalou que “é un dos eventos máis importantes para o sector, tanto pola cantidade de persoas que reúne, como pola calidade dos poñentes” - A Deputación ten programados máis de 25 obradoiros nos que poderán participar de balde 800 persoas. Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal - O Concello habilitou unha liña especial de autobuses que recorre toda a cidade para trasladar aos participantes ao Pazo de Feiras onde se celebrarán ambas citas

O Presidente da Deputación, Darío Campos, inaugurou este mércores o XII Congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica, un evento que se celebra por vez primeira en Lugo e que reunirá, durante os días 21,22 e 23; a máis de 300 participantes no Pazo de Feiras e Congresos. A Deputación fai unha achega de 40.000 para financiar o Congreso; así como para a posta en marcha de NaturaLugo, unha feira coa que o organismo provincial pon en valor a produción ecolóxica lucense.

No acto, tamén participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o Vicerreitor do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema; o Presidente do CRAEGA, José Antonio Fernández Álvarez, e a Presidenta da SEAE, Dolores Raigón Jiménez, entre outras autoridades.

Campos Conde sinalou que o Congreso da SEAE “fará que Lugo se converta durante esta semana na capital mundial da agroecoloxía, xa que é un dos eventos máis importantes para o sector, tanto pola cantidade de persoas que reúne, como pola calidade dos poñentes, chegados de diferentes países”.

O Presidente indicou ademais que “dende a Deputación involucrámonos na organización de NaturaLugo e do Congreso da SEAE, así como na posta en marcha da primeira Escola de Agricultura Ecolóxica pública e gratuíta no Concello do Valadouro, ademais de distintas programacións formativas e gratuítas que impulsan o emprendemento sustentable, facendo posible a creación de novos negocios agroecolóxicos”.

O evento terá lugar na primeira planta do Pazo de Feiras e Congresos, mentres que na planta baixa organizarase a feira NaturaLugo, que se inaugurará mañá. Nela poderán participar máis de 800 persoas de todas as idades cunha programación que contempla un total de 25 actividades e obradoiros totalmente gratuítos. Os interesados poden inscribirse en www.deputacionlugo.com.

Congreso
No Congreso participarán reputados expertos a nivel nacional e internacional do sector como Marina Sánchez, profesora da Universidade Nacional do Centro de Perú; Elena Cores, subdirectora do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente; Stephan Bellon, presidente da Sociedade Europea Agroecoloxía; Laércio Meirelles, coordinador da Rede Ecovida; María José Alonso, representante da Oficina Española do Cambio Climático e María Dolores Raigón, presidenta da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica.

Son un total de 7 conferencias e máis de 130 charlas, cunha duración estimada de 10 minutos, nas que se dará voz aos distintos axentes do sector. A isto hai que engadir os paneis de experiencias, nos que se compartirán diferentes vivencias ao respecto da agroecoloxía, contando con máis de 30 aportacións.

O congreso servirá como un espazo de encontro e diálogo entre todos os actores da cadea agroalimentaria ecolóxica (produtores, elaboradores, consumidores, comercializadores, etc.) e investigadores, asesores, formadores, autoridades, certificadores; e que servirá para compartir as experiencias, avances do sector a nivel provincial, autonómico e estatal.

Programación
Mércores, 21 de setembro
09:00 horas.- Apertura mesa de inscrición e recollida de documentación
09:15 horas.- Seminario Agroecoloxía en Europa: Mito ou realidade
12:00 horas.- Inauguración oficial do Congreso
12:15 horas.- Conferencia Leguminosas e Agroecoloxía. M Sánchez (UNCP-CO), E Cores (MAGRAMA)
13:15 horas.- Conferencia Agroecoloxía y produción de alimentos. S Bellon (INRA FR)
14:00 horas.- Comida ecolóxica
15:30 horas.- Apertura sesión de carteis/pósters
16:00 horas.- Conferencia Silvopastoralismo e Agroecoloxía. A Rigueiro (USC)
16:45 horas.- Panel de experiencias Gandería ecolóxica en Galicia e alternativas agroecolóxicas de futuro.
16:45 horas.- Sesión de comunicación Políticas, plans de acción, desenvolvemento rural e cambio climático (SALA A); Sanidade Vexetal (SALA C)
18:30 horas.- Descanso
18:45 horas.- Mesa Redonda Políticas agroecolóxicas e agroforestais
21:00 horas.- Recepción no Concello de Lugo
21:30 horas.- Ruta de la Tapa

Xoves, 22 de setembro
09:00 horas.- Conferencia Soberanía Alimentaria e Agroecoloxía. R. Binimelis (UVic)
09:45 horas.- Panel de experiencias Comercialización e canais curtos agroecolóxicos
09:45 horas.- Sesión de comunicación Biodiversidade, sementes e material reprodutivo (SALA B); Chans, fertilización e nutrición vexetal (SALA C); Elaboración e calidade agroalimentaria (SALA D)
11:30 horas.- Descanso
12:00 horas.- Panel de experiencias Desenvolvemento rural agroecolóxico
12:00 horas.- Sesión d comunicación Comercialización, consumo e distribución agroalimentaria (SALA B); Gandería ecolóxica (SALA C)
14:00 horas.- Comida ecolóxica
15:30 horas.- Apertura Feira NaturaLugo
15:45 horas.- Conferencia Cambio climático, chans e AE. MJ Alonso (OECC-MAGRAMA)
16:45 horas.- Mesa Redonda Novo Regulamento Europeo de AE: ¿máis sostibilidade?
18:15 horas.- Descanso
18:30 horas.- Panel de experiencias Agroecoloxía produción ecolóxica e emprendemento en Galicia
18:30 horas.- Asemblea Xeral Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica
21:30 horas.- Cea de Gala SEAE e entrega da III Edición dos Premios Eco-eLabora

Venres, 23 de setembro
09:00 horas.- Conferencia Leguminosas e calidade agroalimentaria ecolóxica MD Raigón (UPV)
09:45 horas.- Panel de experiencias Cambio climático, biodiversidade, seguridade alimentaria e cooperación
09:45 horas.- Sesión de comunicación Sistemas agroforestais, aproveitamento de montes e outras prácticas culturais (SALA B)
11:30 horas.- Descanso
12:00 horas.- Panel de experiencias Innovación agroecolóxica en Agricultura Ecolóxica
12:00 horas.- Sesión de comunicación Asesoría, divulgación, formación e investigación (SALA B); Encontro estudantes Agroecoloxía (SALA C).
13:45 horas.- Conclusións finais
14:15 horas.- Comida ecolóxica
15:30 horas.- Visita á viticultura heroica Ribeira Sacra
16:00 horas.- Encontros diversos grupos do sector IFOAM España

III Premios Ecolabora
A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE), no seu vinte aniversario, convoca a terceira edición dos Premios Ecolabora á xeración, xestión e difusión do coñecemento e a innovación en agroecoloxía e produción ecolóxica que serán entregados o xoves durante a cea programada para as 21.30 horas. A través destes premios, recoñecese a aquelas persoas ou entidades (elaboradores, agricultores, comerciais, promotores de consumo, técnicos asesores, investigadores e autoridades competentes), que contribúen ao desenvolvemento do modelo agroecolóxico e de xestión dos agrosistemas

Por outra banda, os carteis aceptados polo comité científico serán expostos en espazos habilitados durante el Congreso. O mellor cartel recibirá o Premio “Álvaro Altés”.

Liña de autobuses
Aproveitando a afluencia de participantes no Congreso e en NaturaLugo o Concello de Lugo habilitará unha liña especial de autobuses que recorrerá toda a cidade de Lugo para trasladar aos participantes ao Pazo de Feiras e Exposicións onde se celebrarán ambas citas.