Deputación de Lugo

A Deputación acondiciona vías en Pedrafita, Courel e Cervantes por acumulacións de neve de ata 15 centímetros

A Deputación intensifica os traballos en Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel e Cervantes, por mor da neve acumulada logo das intensas nevadas que tiveron lugar na xornada de onte.

Dende primeira hora desta mañá, a Deputación despregou 20 operarios 8 máquinas quitanevenes, 2 todoterrenos, diversos vehículos de apoio con material mecánico e varios tractores con cuña, que están a despexar acumulacións de neve e xeo que superan os 15 centímetros.

As estradas provinciais nas que a Deputación está a actuar para restablecer a normalidade son:

  • Folgoso do Courel: LU-P-1303 “De Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-4505 “Del Poio por Louzarela a Teixeira”; LU-P-5004 “De Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín”, e LU-P-1301, 1303, 1305, 1306, 5601.
  • Cervantes: LU-P-1401 “De LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial”; LU-P-1404 “De San Román a Quindós”; LU-P-1405 “De Campa da Braña a Tres Obispos”; LU-P-1411 “De Vilanova al Portelo”; LU-P-1412 “De Quindós a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos”, e as LU-P-0702, 1401, 1402, 1403, 1404, 1406, 1407, 1408, 1409, 1410, 1411, 1412, 3505, 4505.
  • Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “De Pedrafita al Portelo”; LU-P-4503 “De San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “De Louzarela por Queixadoiro a Filloval” e as LU-P-1301, 1304,4501, 4502.

O organismo provincial manterá tanto o dispositivo invernal como o resto do operativo da Deputación de Lugo activado para actuar coa máxima axilidade en casos da chegada dun novo temporal ou sucesos puntuais, para conservar e manter en perfectas condicións a rede viaria provincial. Recoméndase circular con precaución nos Concellos máis afectados polo temporal e, de ser posible, reducir ao mínimo os desprazamentos.