Deputación de Lugo

Pablo Rivera participa no coloquio sobre o libro La mirada de Ángel. Diario de una madre de un hijo con autismo

O Deputado de Innovación e TIC’s, Participación cidadá e Transparencia, Pablo Rivera Capón, participou esta tarde, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, no coloquio sobre o libro La Mirada de Ángel. Diario de una madre de un hijo con autismo. E fixoo acompañado de María Luísa Fernández, autora do libro no que conta, a través de pequenas cartas dirixidas ao seu fillo Ángel, as dificultades e as alegrías dunha nai que ten un fillo con necesidades especias.Pablo Rivera destacou que "a Deputación sempre colaborará con iniciativas como esta, que axudan a normalizar e a visibilizar as persoas como Ángel, que en moitas ocasións non ocupan o lugar que merecen" e valorou que "é de recoñecer que María Luísa teña a xenerosidade e a habilidade de transformar o persoal, no universal, e facernos participes dunha historia das que marcan e das que nunca se esquecen".Pola súa banda, a autora do libro, María Luísa Fernández agradeceu a colaboración da Deputación "por dar a difundir a miña mensaxe que, en realidade é a de todas as persoas que viven nunha situación como a miña e que, a partir de agora, tamén é vosa".