Deputación de Lugo

A Deputación pon en marcha a Guía de Colaboración cos Concellos para tramitar as axudas polos temporais

Imaxe deputación de lugo
- O Deputado de Xestión Territorial enviou hoxe unha comunicación aos municipios afectados para darlles a coñecer o novo servizo gratuíto do organismo provincial - A Deputación ten toda a información relativa a esta Guía de Colaboración na súa páxina web (www.deputacionlugo.gal) e no 982 265 945

A Deputación de Lugo puxo en marcha este martes a Guía de Colaboración coa que ofrece gratis aos Concellos asesoramento técnico e administrativo para que poidan concorrer ás axudas que vén de aprobar o Goberno Central por danos en infraestruturas producidos polos temporais que tiveron lugar a comezos do 2015. O Deputado de Xestión Territorial, Argelio Fernánez Queipo, enviou hoxe unha comunicación aos municipios afectados para darlles a coñecer a guía. (Adxúntase a mesma).

Trátase dun novo servizo gratuíto para os municipios que se xestiona dende o departamento de Xestión Territorial, pois é a área provincial que conta co persoal especializado para esta prestación. Con esta iniciativa, a Deputación aforra cartos aos municipios lucenses, posto que non terán que recorrer a contratacións externas.

Na provincia de Lugo, segundo o Estado, os 8 Concellos que tiveron desperfectos e, polo tanto, poden concorrer a estas subvencións son: Begonte, Cervantes, Guntín, Lugo, O Incio, Outeiro de Rei, Quiroga e Xermade. O Estado subvenciona ata o 50 % dos custos das actuacións a executar.

Os Concellos poden elixir entre dúas vías de colaboración:

1º.- Asistencia técnica e administrativa, que implica o estudo dos danos con visitas in situ dos técnicos, a recompilación de toda a memoria fotográfica sobre o estado da infraestrutura, informes con asesoramento sobre as melloras a levar a cabo para previr posibles novos danos e a redacción dos proxectos finais. A data limite para solicitar esta asistencia remata o 9 de febreiro.

2º.- Xestión directa, que implica, ademais do asesoramento técnico, da recompilación de toda a información fotográfica e da redacción do proxecto; a tramitación das axudas ante o Ministerio de Facenda e Administración Pública. A data límite para solicitar a xestión directa remata o 2 de febreiro.

www.deputacionlugo.org). Os Concellos interesados deberán presentar unha solicitude, que se pode descargar dende a web, no Rexistro Xeral da entidade provincial, dirixida á Presidencia. Nela indicarán o tipo de axuda que desexan que lles preste a Deputación de Lugo para o tramite das devanditas subvencións estatais, cuxo prazo máximo de presentación remata o 5 de marzo. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono: 982 265 945.