Deputación de Lugo

Últimas prazas para realizar as Rutas Fluviais da Deputación en Semana Santa

Imaxe deputación de lugo
Os interesados en inscribirse poden facelo na oficina que se atopa no embarcadoiro de Doade, de xeito online a través da Central de Reservaer en reservas.rutasembalses.es; no teléfono 982-26-0196 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org.   Máis información en www.deputacionlugo.gal

Últimas prazas para realizar as Rutas Fluviais que a Deputación de Lugo inaugurou a semana pasada. O éxito de convocatoria destas dúas rutas foi tal que, antes de ser inauguradas, había xa máis de 4.000 reservas. Para estes días festivos de Semana Santa, aínda quedan prazas libres, aínda que non se descarta colgar a bandeira de “completo”.

As prazas para “Ruta do Canón do Sil”, de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina; e “Ruta do Cabo do Mundo” no Miño, do embalse dos Peares entre o embarcadoiro de Belesar, no Concello do Saviñao e á área Recreativa de Maiorga;  están practicamente esgotadas para o xoves e venres, pero aínda quedan prazas para a fin de semana. É importante destacar que durante todos os días da Semana Santa, estas dúas rutas funcionarán ás 11:30 horas e 16:00 horas.

As Rutas Fluviais da Ribeira Sacra atópanse completamente renovadas a través do plan de mellora levado a cabo nas embarcacións, que consistíu nareparación e mantemento dos catamaráns con cambios de motor, labores de pintura ou acondicionamento dos interiores, entre outros.

Dentro deste plan tamén se inclúe a creación dunha oficina na planta baixa do Pazo de San Marcos, aberta ao público de 9:00 a 14:00 horas; a posta en marcha dunha nova Central de Reservas para gardar ou comprar os billetes, e solicitar todo tipo de información. Pódese facer on line as 24 horas en www.reservas.rutasembalses.es; ou ben de luns a domingo de 08:30 a 20:30 horas no teléfono 982-26-01-96 e no email catamaranes.turismo@deputacionlugo.org.

Ademais, tamén se creou unha oficina de turismo no Clube Nautico de Doade ofrecerán información sobre as rutas fluvias e a Ribeira Sacra, asi como da riqueza turistica da que dispón a provincia de Lugo. Máis información en www.deputacionlugo.gal.

De feito, e visto que o ano pasado máis de 50.000 persoas desfrutaron desta iniciativa turística, decidimos ampliar o número de técnicos, pasando de 6 a 9 profesionais na atención diaria, e reforzando o grupo ata 12 persoas en pontes e datas festivas como é a Semana Santa.