Deputación de Lugo

Rural Tour, a feira que financia o Goberno da Deputación con 40.000 euros, supera xa o medio milleiro de vendas

- Darío Campos mantivo este venres un encontro con representantes de Fademur para coñecer os primeiros resultados da feira de artesanía e produtos autóctonos, que visitaron centos de persoas en 4 días - A fin de semana Rural Tour ofrecerá degustacións e demostracións en vivo. O seu seguinte destino será A Coruña, pois estará no centro comercial Marineda City

O Presidente da Deputación, Darío Campos, mantivo este venres un encontro con representantes de Fademur para coñecer de primeira man os primeiros resultados da Rural Tour. Trátase da feira de produtos autóctonos e de artesanía de mulleres do rural, que decidiu financiar o Goberno Provincial con 40.000 euros para contribuír á comercialización dos seus produtos e pór en valor os traballo destas profesionais, potenciando deste xeito a igualdade. Atópase no centro comercial As Termas dende o pasado luns e ata o domingo, 4 de decembro.

A Presidenta de Fademur, Rosa Arcos, destacou que en tan só 4 días Rural Tour superou o medio milleiro de vendas, polo que amosou a súa satisfacción e agradeceu a Campos Conde a súa implicación persoal con este proxecto. Centos de persoas se achegaron a esta feira para coñecer os traballo das 44 profesionais de toda Galicia, 25 delas da provincia de Lugo, que participan nesta iniciativa.

O Presidente desexoulles un grande éxito para o que resta da Rural Tour, que continuará durante a fin de semana, incluíndo degustacións e demostracións en vivo. Tras o seu paso por Lugo, o seguinte destino da Rural Tour será a cidade da Coruña, pois estará no centro comercial Marineda City. 

Programación para a fin de semana
A feira afronta a recta final cunha axenda cargada de degustacións, nas que ofrecerá ao público unha mostra dos seus produtos, dende embutidos e queixo ata licores e larpeiradas. Rosa Arcos agarda que o groso das vendas se concentre na fin de semana.

O horario da feira é de 10:00 horas a 22:00 horas. Hai previstas as seguintes actividades:

Sábado 3 de decembro
16.30 horas. Degustación de infusións de Milhulloa e petiscos elaborados con especias, requeixo de Dona Cobiña e Mel das Miñas Colmeas.
19.00 horas. Degustación de Porco Celta e Pan de Nullán. Acompañado de Peroja Sidra de Agar.

Domingo 4 de decembro
13.00 horas. Aperitivo antes de xantar
16.30 horas. Dixestivo de sobremesa
18.00 horas. Merenda doce para nenos e maiores
20.00 horas. Degustación de viños, cervexa, licores, embutidos, queixo e larpeiradas.

Participantes
- Carmen Fieiras (Concello de Lugo): Cestería                    
- Adega Avo Roxo (Concello de Meaño, Pontevedra): Viños das Rías baixas                   
- Antoxos (Concello de Leiro, Ourense): Xoiería e metacrilato       
- Adega Rozas (Concello de Meaño, Pontevedra): Viños das Rías baixas             
- Cecilia Carballo  (Concello de Triacastela, Lugo): Tear               
- Adega Diego de Lemos (Concello de Chantada, Lugo): Viños ecolóxicos 
- Idoia Cuesta (Concello de Outeiro de Rei, Lugo): Cestería                       
- Licores Os Maios licores (Concello de Leiro, Ourense): Licores                                      
- Lucecús (Concello de Guitiriz, Lugo): Feltros                    
- Ginabelle (Concello de Tomiño, Pontevedra): Xenebras               
- Lacrimae Mosa (Concello de Oroso, A Coruña): Xoiería e metacrilato    
- Toupiña (Concello de Lalín, Pontevedra): Cervexas                                
- Traxandaina (Concello de Lugo): Traxes tradicionais                 
- Domenicus (Concello de Lugo): Cervexas                                                 
- Tres caracoles (Concello de Lugo): Marroquinería e metacrilato
- Peroja sidra de agar (Concello de A Estrada, Pontevedra): Sidras                                            
- Imavi (Concello de Vilalba, Lugo): Bixutería en arxila polimérica            e metacrilato 
- Aceites Figueiredo (Concello de Ribas do Sil, Lugo): Aceites                                           
- Yan-llan (Concello de Viveiro, Lugo): Bixutería con cunchas e metacrilato       
- Lacteos Conchy (Concello de Friol, Lugo): Queixos e leite                       
- La Aguada (A Coruña): Esmaltes e metacrilato     
- Muuhulloa (Concello da Ulloa, Lugo): Cosméticos de leite           
- Maravalla (Concello de Ribadeo, Lugo): Bixutería de fimo           e metacrilato
- Dona cobiña (Concello de Agolada, Pontevedra): Queixos                                             
- O mestizo (Concello de Lugo): Marroquinería e metacrilato       
- Caurelor (Concello de Quiroga, Lugo): Marmeladas, zumes, siropes e licores               
- Beatriz Soneira (Saniago de Compostela, A Coruña): Encaixes de camariñas                
- Ananos organic berries (Concello de Cotobade, Pontevedra): Marmeladas e zumes     
- Mamá Teresa, doces artesáns (Concello de Arzuá, A Coruña): Chocolates                    
- Sesé Vila (Concello de Monforte de Lemos, Lugo): Cerámica e encaixes              
- Susana Ouro (Concello de Lugo): Produtos da horta                                                      
- Embutidos Suarna (Concello de Navia de Suarna, Lugo): Embutidos                              
- Cárnicas Raposo (Concello de Dumbría, A Coruña): Embutidos                                      
- Porco celta do Barbanza (A Barbanza, A Coruña): Embutidos                                       
- Monte O Carballo  (Concello de Friol, Lugo): Embutidos  
- Casa Gallego (Concello de Lugo): Publicidade sobre a casa rural                      
- Panadería O Agro (Concello do Páramo, Lugo): Pan                                           
- Panadería Nullán (Concello de As Nogais, Lugo): Pan                 
- Concepción Jorge González (Concello de Chantada, Lugo): Mel                                     
- Milhulloa (Concello de Palas de Rei, Lugo): infusións e especias                                    
- Cañitas de la abuela (Concello de Tomiño, Pontevedra): Doces                                      
- A Pequeniña (Concello de Arzúa, A Coruña): Doces                                            

Fademur
A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais é unha organización progresista que loita por alcanzar a igualdade e o progreso das mulleres que viven e traballan no medio rural. Naceu co obxectivo de reforzar o traballo que veñen desenvolvendo as asociacións de mulleres rurais que a integran, coa intención de reivindicar os dereitos fundamentais e influír no deseño de políticas públicas que realmente se axusten ás súas necesidades. Fademur leva a cabo multitude de actividades por toda España para axudar ás mulleres artesás do mundo rural. Desde feiras de artesanía para vender os seus produtos ata cursos de formación e talleres de intercambio de experiencias.