Deputación de Lugo

19 concertos compoñen a nova edición do Festival de Jazz de Lugo co que colaboran a Deputación e Concello

- A programación da XXVI edición do festival que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz terá lugar do 11 ao 20 de novembro na cidade de Lugo - García Porto subliñou que “a Deputación colabora para a consolidación deste espazo cultural e musical que cada ano vai crecendo, e que achega o mellor do jazz a Lugo” - Os concertos e actividades terán lugar no Círculo das Artes, o Club Clavicémbalo, a Casa do Saber, e no bar Ho! Gruf. Máis información en www.jazzlugo.com

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto presentou este luns no Círculo das Artes a XXVI edición do Festival de Jazz de Lugo que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, e que terá lugar do 11 ao 20 de novembro na cidade de Lugo. Fíxoo xunto a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, o Presidente da Asociación organizadora, Alberto Grandío, e o Secretario da Asociación, José Luis Díaz Nuñez.

García Porto subliñou que “dende a Deputación de Lugo colaboramos para a consolidación deste espazo cultural e musical que cada ano vai crecendo, e que achega a provincia profesionais do mundo do jazz de primeiro nivel. Ademais, con este tipo de actividades lúdico-culturais impulsamos o consumo e dinamizamos a vida na cidade”.

Pola súa parte, a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, invitou a todos os amantes da música a que  non deixen pasar a oportunidade de gozar da oferta de calidade deste festival de jazz, no que colabora o Concello de Lugo, ao tempo que adiantou que este ano, como novidade, haberá un concerto con motivo do XVI aniversario da declaración da Muralla Romana como Patrimonio da Humanidade.

Programación
Círculo das Artes.- A entrada a todos os concertos é de 10 euros.
- O luns 14 de novembro ás 21:30 horas no escenario 1906, terá lugar o concerto do guitarrista neoiorquino Jonathan Kreisberg.
- O martes 15 de novembro ás 21:30 horas no escenario 1906, actuará o grupo Dean Brown Band.
- O mércores 16 de novembro ás 20:30 horas no escenario 1906, terá lugar o concerto do trompetista Jeremy Pelt, xunto ao pianista Victor Gould, o Contrabaixista Vivente Archer, o batería Jonathan Barber, e o percusionista Jacqueline Acevedo.
- O xoves 17 de novembro ás 20:30 horas actuarán Bruce Barth Trio & Jean Toussant.
- O venres 18 de novembro ás 20:30 horas terá lugar o concerto dos veteranos The Cookers.
- O sábado 19 de novembro ás 20:30 horas actuará o saxofonista Donny McCaslin, xunto a Jason Lidner, Mark Guiliana, e Jonatha Maron.
- O domingo 20 de novembro ás 20:30 horas actuarán o grupo Garufa Blue Devils Big Band.

Club Clavicémbalo.- A entrada a todos os concertos é de 5 euros.
- O venres 11 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto do grupo Pocket Corner.
- O sábado 12 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto do artista compostelán Alfonso Calvo con Ton Risco de convidado especial.
- O luns 14 de novembro ás 23:30 horas actuará o grupo Alfredo García Quintet.
- O martes 15 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto de Buxerío Trío que gañou o certame SGAE Galicia Creativa na súa categoría.
- O mércores 16 de novembro ás 23:30 horas actuará o contrabaixista Miguel Ángel Chastang.
- O xoves 17 de novembro ás 23:30 horas terá lugar o concerto do sexteto de latin jazz español Tumbando a Monk.
- O venres 18 de novembro ás 23:30 horas actuarán 2M, composto por Pablo Sax F.Sinde e L.A.R.Legido. Ás 00:00 horas terá lugar o concerto do trompetista Colom, xunto a Roger Mas, Paco Charlín e Miguel Lamas.
- O sábado 19 de novembro ás 23:55 horas terá lugar o concerto de Los Hot Chocolate.

Casa do saber do Campus Terra da USC.- A entrada a todos os concertos é libre ata esgotar as localidades.
- O luns 14 de novembro ás 20:00 horas actuará o grupo Maureen Choi Quartet.
- O martes 15 de novembro ás 20 horas terá lugar o concerto de Gorka Benítez, acompañado de Dani Pérez e David Xirgu.

Ho! Gruf.- A entrada a todas as actividades é libre ata esgotar o aforo.
- O mércores 9 de novembro ás 19:30 horas, proxectarase A film about kids & music dirixida por Ramón Tort.
- O xoves 10 de novembro ás 19:30 horas, proxectarase Jazz history 1956-1960.The adventure, dirixida por Ken Burns.
- O mércores 16 de novembro ás 18:00 horas proxectarase Calle 54 dirixida por Fernando Trueba.
- O xoves 17 de novembro ás 18:00 horas proxectarase Paco de Lucia&Group live at the Germeringer Jazztage 1997, dirixida por Dieter Hens.
- O venres 18 de novembro ás 22:00 horas terá lugar unha Jazz Session por Sr.Blas.
- O sábado 19 de novembro ás 13:30 horas actuarán Paco Charlín e Marcos Pin. Pola noite, ás 22:00 horas, o Sr.Blas pinchará Blue Note.

Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz
A Asociación ten como principal actividade a organización do Festival de Jazz de Lugo. Este festival vense celebrando na cidade dende o ano 1991. Durante estes anos o festival deu cabida tanto a estrelas e primeiras figuras internacionais como a novos valores do Jazz mundial, o máis destacado do jazz estatal e representantes do mellor jazz galego.

O Festival de Jazz de Lugo é o decano dos que se celebran en Galicia. En anteriores edicións pasaron artistas do renome de Ron Carter, Roy Haynes, Joe Lovano, Bill Evans, John Scofield, Kenny Barron, Lee Konitz, Kenny Garret, Roy Hargrove, Wallace Roney, Mike Stern, Randy Brecker, Dave Weckl, Kurt Elling, Tom Harrell, Yellowjackets, Avishai Cohen, Joe Locke, James Carter, Metro, Patricia Barber, Christian McBride, Marc Copland, Philip Catherine, David Sánchez, Greg Osby, Mark Turner, Horacio " El Negro” Hernández, Wolfgang Muthspiel, Chano Domínguez, Jorge Pardo, Pedro Iturralde, Colina-Miralta-Sambeat, etc.