Deputación de Lugo

Máis de 1.500 persoas interesáronse polo programa Reacciona 2020 da Deputación de Lugo e APEC

- Na páxina web do proxecto www.reacciona2020.com hai rexistradas máis de 15.400 visitas e atendéronse xa máis de 750 chamadas no teléfono 900 103 384 - 145 profesionais do sector recibiron máis de 7.500 horas de formación para actualizar competencias profesionais en materia de rehabilitación e eficiencia - Organizáronse tamén xornadas e conferencias dirixidas a empresas do sector para a súa reconversión, nas que participaron 350 empresas, autónomos e particulares - Unha unidade móbil con información desprazouse xa a 11 concellos da provincia e atenderon a máis de 231 persoas, que se interesaron, maioritariamente, polas axudas á reconversión

A Xunta de Goberno aprobou este venres a celebración dun congreso na Deputación, sobre as oportunidades laborais da rehabilitación de vivendas e no que participarán reputados expertos. Así o comunicou o voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, que informou tamén que esta actuación inclúese dentro do convenio de colaboración posto en marcha entre o organismo e a Asociación Provincial de Empresarios da Construción.

Santos Ramos destacou que “ao abeiro desta colaboración, puxemos en marcha a finais do 2015, o Programa de Impulso da Rehabilitación Sostible de Vivendas na Provincia de Lugo, co que buscamos reactivar o sector da construción a través da rehabilitación eficiente de vivendas”.

info@reacciona2020.com e do teléfono gratuíto 900 103 384, no que se levan contabilizado máis de 750 chamadas.

Ao longo do ano está previsto o desprazamento da oficina técnica cunha unidade móbil a 20 localidades da provincia para tratar de difundir entre veciños este proxecto. Neste momento, a unidade móbil desprazouse a 11 concellos da provincia, nos que se recibiron 231 visitas na unidade. Concretamente, os Concellos visitados foron os de: Lourenzá, Mondoñedo, Meira, A Pontenova, Portomarín, Vilalba, Guitiriz, Monterroso, A Fonsagrada, Quiroga e Monforte de Lemos os que lle seguirán Viveiro, Alfoz, Barreiros, Pedrafita do Cebreiro, Sarria, Chantada, O Incio, Lugo e Rábade.

2.- Proxecto Reconstrúe, dirixido ás empresas, ten como obxectivo difundir a oportunidade de negocio que supón o mercado das rehabilitacións enerxéticas, ao tempo que busca concienciar aos traballadores sobre a necesidade de actualizar as súas competencias en materia enerxética. Dentro desta liña de actuación, os técnicos realizarán 160 visitas a obras da provincia, informando sobre o proxecto e os servizos que ofrece, así como as posibilidades de negocio e de traballo que ten a rehabilitación enerxética.

3.- Proxecto Reenfócate, que busca axudar ás empresas do sector dando soporte técnico para a súa reconversión. Dentro deste proxecto estanse a realizar xornadas técnicas, nas que empresas de referencia fan presentacións sobre temas relacionados coa eficiencia enerxética. Polo momento, celebráronse xa 10 xornadas en Lugo, Barreiros e Monforte de Lemos e nas que se inscribiron máis de 350 persoas.

Neste mes, celebraranse as últimas cunha xornada técnica sobre rehabilitación con derivados da madeira que se celebrará en San Cosme de Barreiros o próximo día 14 de Abril e dúas xornadas sobre a nova directiva de deseño ecolóxico nas instalación de calefacción e refrixeración que se celebrarán os días 26 e 27 de Abril en San Cosme de  Barreiros e Monforte de Lemos, respectivamente.

Ademais, fíxose un estudo do Estado do parque de vivenda da provincia de Lugo, no que a partir dos datos catastrais se analizaron as necesidades de rehabilitación do parque edificatorio da provincia.

Os traballadores e empresas realizaron máis de 350 consultas sobre temas relacionados coa rehabilitación, e especialmente sobre as subvencións as que os seu clientes se poderían acoller. A forma de consulta máis habitual foi a través do teléfono gratuíto 900 103 384 ou ben de xeito presencial na oficina técnica situada na sede da APEC en Lugo.

4.- Proxecto Rehabilítate, dirixido a profesionais e traballadores do sector, ten como obxectivo principal proporcionar formación a traballadores do sector a fin de actualizar as competencias profesionais en materia de rehabilitación e eficiencia enerxética. Maña mesmo, remata o último curso de formación que é o de Parámetros económicos que avalían a rendibilidade das actuacións en eficiencia enerxética que se está a celebrar en San Cosme de Barreiros.

Durante o proxecto deuse formación a 145 alumnos con máis de 7.500 horas de formación, en cursos como Colocación de illantes, Instalacións de xeotermia, Instalación de biomasa e Parámetros económicos que avalían a rendibilidade das actuacións en eficiencia eficiencia enerxética.

Máis emprego
A Xunta de Goberno aprobou a contratación de 3 desempregados lucenses que traballarán noutras tantas entidades e/ou asociacións da provincia. Concretamente son: un comercial-axente de viaxes para Lugo; un peón forestal para Chantada, e un técnico de turismo para Monforte de Lemos.

Ademais, tamén aprobou 3 novas entidades beneficiarias deste programa de fomento do emprego, que son: un comercial de seguros para Lugo, un camareiro de piso para Trabada e un Mecánico, oficial de terceira, tamén en Lugo, que se publicarán nas vindeiras semanas na Bolsa de Emprego da Deputación.