Deputación de Lugo

Deputación e CD Lugo promoven o fútbol base lucense asinando convenios con trece clubs de toda a provincia

- Este convenio terá importantes contraprestacións como a colaboración activa na formación dos adestradores, a cesión de medios técnicos e materiais deportivos ou un acordo vantaxoso de subministración de material co patrocinador deportivo do Lugo- Campos Conde subliñou que “esta iniciativa permitirá que diferentes clubs da provincia unan sinerxías en torno ao equipo de fútbol referencia da provincia e, deste xeito, poidan crecer da man, fomentando o deporte base lucense”- Os equipos que asinaron o convenio son: SD Porto Burela, CF Monforte, Monterroso SD, Antas SD, SD Chantada, CD Foz, Sporting Pontenova, Mondoñedo Ciudad, Escolas Deportivas Lourenzá, CD San Ciprián, CD Castro, Palas CF e CD Cospeito

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente do CD Lugo, Tino Saqués, participaron este mércores na firma de convenios con trece clubs de toda a provincia para a promoción do fútbol base lucense. Fixérono nun acto no que tamén interviñeron os presidentes dos trece equipos e os seus respectivos integrantes. Estes son: SD Porto Burela, CF Monforte, Monterroso SD, Antas SD, SD Chantada, CD Foz, Sporting Pontenova, Mondoñedo Ciudad, Escolas Deportivas Lourenzá, CD San Ciprián, CD Castro, Palas CF e CD Cospeito.

Campos Conde subliñou que se trata dunha “iniciativa moi beneficiosa posto que permitirá que diferentes clubs da provincia unan sinerxías en torno ao equipo de fútbol referencia da provincia e, deste xeito, poidan crecer da man, fomentando o deporte base lucense”.

Pola súa parte, Tino Saqués explicou que “estamos moi satisfeitos de levar a cabo iniciativas como esta, que traballan sen descanso polo deporte dos máis novos, polo fomento da canteira, establecendo ao CD Lugo como catalizador dunha unión cada día máis sólida entre os nosos clubs. A formación, non só deportiva, tamén humana, dos nosos mozos e mozas, corresponde un dos desafíos máis apaixonantes que temos por diante no futuro inmediato. Non se trata só de deporte, falamos de cultura, a cultura do esforzo, a cultura do compañeirismo, e da solidariedade”.

Este convenio, que terá unha duración de tres temporadas concluíndo o 30 de xuño de 2019, terá importantes contraprestacións entre as que se inclúen as seguintes:

- O CD Lugo comprométese a colaborar activamente na formación dos adestradores do Club X poñendo á súa disposición medios técnicos e materiais.

- O CD Lugo colaborará co Club X para que este obteña un acordo vantaxoso de subministración de material co patrocinador deportivo que o CD Lugo teña en cada momento.

- O CD Lugo comprométese a disputar un amigable na pretempada co seu primeiro equipo ou o seu equipo filial no lugar designado polo Club X, sendo a recadación de dito partido integramente para este último.

- O CD Lugo facilitará o acceso gratuíto a todos os xogadores e técnicos dos equipos das categorías inferiores do Club X.

- O CD Lugo poñerá a disposición do Club X todos os integrantes da plantilla de xogadores e corpo técnico do primeiro equipo co fin de poder participar en actos oficiais de este.