Deputación de Lugo

Aberto o prazo ata o 1 de xullo inclusive para solicitar descontos do 50% na matrícula de 10 titulacións do Campus de Lugo

Imaxe deputación de lugo
- É durante este período, exclusivamente, cando as persoas que decidan cursar os seus estudos por primeira vez en 10 titulacións do Campus de Lugo poden beneficiarse de descontos do 50% no prezo da matrícula grazas ás becas da Deputación de Lugo - Trátase do prazo de presinscrición de matrícula, que pode realizarse dende xa e ata o 1 de xullo inclusive en www.usc.es/matricula. Unha vez feita, queda solicitada a praza no Campus de Lugo e a correspondente bolsa de estudo da Deputación -  O 12 de xullo publicaranse as listaxes de admitidos. O proceso culminará coa formalización da matrícula, do 13 ao 15 de xullo, onde se aplicará, directamente, o desconto do 50% no prezo da matrícula

A USC mantén aberto o prazo de preinscrición de matrícula ata o 1 de xullo incluído. É durante este período, exclusivamente, cando as persoas que decidan cursar os seus estudos por primeira vez en 10 titulacións do Campus de Lugo poden beneficiarse de descontos do 50% no custo da matrícula. Todo isto grazas ás máis de 400 becas de estudos que financia a Deputación de Lugo con 120.000 euros. Máis información en www.paraestudarlugo.com.

As 10 titulacións no Campus de Lugo con bolsas da Deputación son as seguintes:

  • Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
  • Grao en Enxeñaría Civil
  • Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía
  • Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria
  • Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
  • Grao en Lingua e Literatura Españolas
  • Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural
  • Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
  • Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas

Proceso e prazos
A presinscrición pode realizarse en www.usc.es/matricula dende xa e ata o 1 de xullo inclusive. Unha vez feita, queda solicitada a praza no Campus de Lugo e a correspondente beca da Deputación luguesa que custea a metade da matrícula.

O 12 de xullo publicaranse as listaxes de admitidos, coñecendo, polo tanto, as persoas que conseguen a súa praza para estudar na USC de Lugo e a correspondente bolsa do organismo provincial. 
O proceso culminará coa formalización da matrícula, que será dende o 13 ao 15 de xullo, e onde se aplicará, directamente, o desconto do 50% no prezo da matrícula grazas ás axudas da Deputación de Lugo.