Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación inviste outros 300.000 euros na mellora da estrada de Friol a Parga

- O Presidente, o Vicepresidente e o Deputado de XestiónTerritorial supervisaron o novo treito da LU-P-2101 no que o organismoprovincial vai a levar a cabo melloras- Campos Conde adiantou que o Executivo Provincialaprobará mañá en Xunta de Goberno o proxecto e o inicio da contratación para oarranxo doutros 3,5 quilómetros- Éunha das vías máis transitadas polos 10.000 veciños da zona e conta con 19quilómetros. O Goberno Provincial prevé culminar o seu acondicionamento, poisquedan pendentes menos 3 quilómetros, en vindeiras anualidades

O Presidente, Darío CamposConde, o Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, e o  Deputado de Xestión Territorial, Argelio FernándezQueipo, supervisaron o novo treito da estrada LU-P-2101 no que o organismoprovincial vai levar a cabo melloras. Campos Conde avanzou que o Executivo daDeputación aprobará mañá mesmo en Xunta de Goberno o proxecto e o inicio doproceso de contratación destes traballos con outros 300.000 euros que ainstitución luguesa achega ao arranxo desta vía. Unha vez máis, estas obrasestán financiadas na súa totalidade pola Deputación, pois son 1 das actuacións envías provinciais, que o Goberno decidiu incluír no POS 2016.

A LU-P-2101 é a estrada queune Friol e Parga, unhas das máis transitadas polos preto de 10.000 veciños dazona. O Executivo da Deputación está a arranxar esta vía en varias fases debidoa súa extensión, que é dun total de 19 quilómetros. Xa leva acondicionado uns13 quilómetros con tres diferentes proxectos. O último executouno o ano pasadocon 378.000 euros, arranxando 5 quilómetros.

Os traballos que seexecutarán agora con este cuarto proxecto serán entre os puntos quilométricos 5,940e 9,300. Son case 3,5 quilómetros nos que se reparará o firme con aglomerado enquente, se limparán cunetas e se levarán a cabo tarefas de sinalización.

Con estas actuacións, serán máis de 16 os quilómetrosarranxados. Quedaría pendente un único treito de menos de 3 quilómetros, que oGoberno da Deputación prevé arranxar en vindeiras anualidades, completando,deste xeito, o acondicionamento total da vía.