Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación presenta axudas de 900.000 euros para asociacións culturais e deportivas

- O obxectivo do Executivo Provincial é aprobarcanto antes estas programacións de subvencións na Xunta de Goberno polo queconvocou para mañá unha comisión política, na que presentará unhas basesrenovadas para unha concesión máis xusta- Novidades: prímase a dispersión territorial epoboacional para chegar a colectivos de pequenas núcleos; poténciase aigualdade de xénero e a integración social, valorando a representación femininaou a de persoas con discapacidade; e prémiase o esforzo- Ademais, ofrécese un anticipo do 90% dasubvención para inxectar de xeito inmediato na provincia outros 810.000 euros

O Goberno da Deputación tenlistas as axudas de concorrencia competitiva das áreas de Cultura e Deporte,dotadas dun total de 900.000 euros e dirixidas a asociacións, clubs eagrupacións deportivas de toda a provincia. O obxectivo do Executivo Provincialé aprobar en Xunta de Goberno canto antes estas dúas programacións desubvencións polo que convocou para mañá mesmo unha comisión política, na quetamén participarán os técnicos, na que presentará ás bases totalmente renovadasque deseñou para unha concesión destas axudas máis xusta.

Para elo, o Goberno daDeputación elaborou unhas bases, que inclúen novidades como as seguintes eentre outras:

- prímase a dispersiónterritorial e poboacional para beneficiar, por exemplo, aos colectivos delocalidade máis pequenas.

- poténciase a igualdade dexénero e a integración social, valorando positivamente aos colectivos conrepresentación feminina ou persoas con capacidades diferentes.

- prémiase o esforzocompetitivo, tendo en conta os resultados ou ascensos deportivos.

Outras das novidadesimportantes é que se ofrece un anticipo do 90% da subvención, o que permitiráinxectar de xeito inmediato na provincia 810.000 euros. Ademais, increméntase acontía mínima a recibir, que pasa dos 300 aos 700 euros no caso das axudasdeportivas.

As axudas deportivas contancon 500.000 euros para financiar actividades competitivas federadas; aorganización de eventos deportivos puntuais; e actividades deportivos concarácter permanente. As subvencións de cultura están dotadas con 400.000 eurospara actividades anuais e eventos culturais de carácter puntual.