Deputación de Lugo

Máis de 150 persoas participan nas Xornadas de Bioconstrución no Pazo de Tor

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, participou esta fin de semana nas Xornadas de Bioconstrución no Pazo de Tor, unha iniciativa da asociación Espiga que conta coa colaboración de Deputación e Concello de Monforte de Lemos. Nas xornadas, que ofreceron formación teórica e práctica, participaron máis de 150 persoas chegadas de diferentes partes do estado que coñeceron, da man de reputados expertos na materia, novas técnicas de construción a través de materiais vexetais.

Afondaron, por exemplo, na aplicación de fibras vexetais en sistemas de illamento, levantamentos de muro ou climatización; así como nas potencialidades do bambú ou da caña. Os participantes fabricaron, con materias vexetais, cúpulas xeodésicas e figuras xeométricas, da man do arquitecto, Victor González.