Deputación de Lugo

Máis dunha trintena de nenos participaron nas primeiras actividades da Deputación en AVIFAUNA

- O prazo de inscrición de cara aos próximos obradoiros continúa aberto no teléfono 982 242 053 e o número de prazas é de 50 - O Centro de Interpretación Avifauna, a través do convenio que mantén co organismo provincial, puxo en marcha unha serie de obradoiros dirixidos a fomentar entre os máis pequenos o estudo da fauna da provincia - Sonsoles Izquierdo destacou que "os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer numerosas especies de aves e incluso puideron axudar a alimentalas"

O parque zoolóxico Avifauna arrincou a finais de xuño o seu calendario de actividades medioambientais dirixidas a un cento de nenos e nenas da provincia, os cales poden participar de balde, grazas ao convenio entre a Deputación e Avifauna. A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, e o responsable do parque, José María Díaz Paz, mostraron a súa satisfacción tras a celebración dos primeiros dous obradoiros, nos que participaron máis dunha trintena de rapaces.

A Deputada sinalou que "o obxectivo é fomentar entre os máis pequenos o estudo da fauna da provincia dunha forma dinámica e divertida, a través de xogos e actividades. Así, os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer numerosas especies de aves e incluso puideron axudar a alimentalas". Pola súa parte, José María Díaz Paz indicou que "os nenos e nenas disfrutaron moito cos animais e quedaron encantados coas actividades realizadas. Ao remate destas ofrecémoslles unha merenda".

O primeiro obradoiro tivo lugar o pasado 25 de xuño, baixo o título de "Picos e patas. Adiviña quen vive aí". Durante o mesmo, introducíronse entre os máis cativos conceptos como o da adaptación dos animais ao medio e a importancia que teñen os picos e as patas das especies como figura indicadora da súa forma de vida. A segunda actividade "Para gustos... Cores" celebrouse o sábado 2 de xullo, e nesta explicouse aos nenos e nenas o porque do dimorfismo sexual que presentan moitas especias de aves, así como as diferenzas de cores entre machos e femias.

Inscripción para as novas actividades

O vindeiro sábado 16 de xullo, celebrarase a terceira xornada denominada "Están contentos en gaiolas?", na que se tratarán os conceptos de conservación á hora de situar as coleccións zoolóxicas, afondando no benestar animal e como se aplica en Avifauna. Xa o 23 de xullo terá lugar o terceiro obradoiro co título de "Gardiáns do bosque. Salvemos ao Urogallo", que terá un carácter teórico-práctico enfocado a coñecer o Urogallo, o seu hábitat, as súas costumes, así como as ameazas que produciron a redución do número de exemplares e que a converteron nunha especie ameazada e en perigo de extinción.

O derradeiro sábado do mes, poñeráse punto e final a esta programación coa última das actividades "Imos ao museo", que se desenvolverá no museo do parqe Avifauna e que funciona a modo de centro de interpretación de aves. Ali explicaranse aspectos como a paleontoloxía, taxonomía, morfoloxía ou o comportamento de aves. O prazo de inscripción de cara aos novos obradoiros continúa aberto no teléfono 982 242 053.

AVIFAUNA e a súa labor na natureza

AVIFAUNA alberga máis de 200 especies diferentes de aves repartidas nunha extensión de preto de 30.000 m2. O parque zoolóxico está deseño para a realización de visitas guiadas mediante un percorrido a través dun xadrín botánico no que os participantes poden observar a riqueza e variedade de aves dos cinco continentes, en 76 recintos en función da especie á que pertencen. No centro préstase unha atención especial á fauna autóctona e tamén a aquelas especies que, polo seu estado de conservación, se atopan en programas específicos de recuperación.