Deputación de Lugo

Últimos días para que mozos no paro se inscriban nos cursos do LUGOWORK, que inclúen contratos laborais

- Ata o 3 de febreiro, Lucenses menores de 30 anos e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil poden apuntarse en www.deputacionlugo.gal e www.eoi.es - Os participantes que rematen con éxito a fase formativa terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses - Estas empresas serán seleccionadas nun proceso público, pois a Deputación financiará os custos laborais dos novos traballadores con axudas de 5.000 euros - Destacar que os cursos responde ás necesidades que o tecido produtivo da provincia trasladou ao organismo provincial e celebraranse no centro, norte e sur lugués

Últimos días para que mozos lucenses menores de 30 anos e inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil fagan a súa solicitude para participar en 7 accións formativos sobre nichos de emprego na provincia, que posteriormente inclúen contratos laborais durante 6 meses en empresas lucenses. Son os primeiros cursos do LUGOWORK, o plan de emprego xuvenil que pon en marcha o Goberno da Deputación na provincia logo de captar 2 millóns de euros da Unión Europea. O 91,89% dos fondos proveñen do Fondo Social Europeo.

Hai 105 prazas. Son 15 por acción formativas, que son as seguintes:

- Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público, que terá en Lugo.
- Axudante de Cociña e Servizo de Restauración (Lugo).
- Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal (Viveiro).
- Aserrado de madeira (A Fonsagrada).
- Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES (Lugo).
- Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción (Monforte de Lemos).
- Operario de obra civil (Lugo).

Os interesados poden inscribirse ata o 3 de febreiro en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es. Máis información en lugowork@deputacionlugo.org e en 982-26-00-88 ou 982-26-00-77.

Formación e logo emprego
Os 7 cursos inclúen preto de 1.600 horas de formación. Tras esta fase, os participantes que rematen con éxito a formación terán a posibilidade de ser contratados durante 6 meses en empresas da provincia, que serán seleccionadas nun proceso público, pois o Goberno da Deputación financiará os custos laborais dos novos traballadores con axudas de 5.000 euros.

Cómpre subliñar que as accións formativas se axustan ás necesidades das empresas da provincia, pois o Executivo Provincial mantivo 11 encontros participativos con representantes dos principais sectores produtivos lucenses e contactos con preto de 600 entidades lucenses, que lle trasladaron os perfís laborais que requiren para ser máis competitivos. Coa formación que se ofrece aos mozos cóbrense estes perfís.

Máis cursos e axudas no 2017
Durante este ano 2017, o Goberno da Deputación ofrecerá máis cursos con posibilidade de contratos, ao tempo que arrancará a liña do LUGOWORK que inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que mozos lucenses no paro poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.