Deputación de Lugo

A 8ª Feira Outlet promovida polo Goberno da Deputación pecha cun volume de negocio de 80.000 euros para o comercio local

Imaxe deputación de lugo
- A iniciativa, que se desenvolveu os días 17, 18 e 19 na carpa que o organismo provincial cedeu á Asociación de Autónomas, reuniu a 30 comerciantes lucenses que ofreceron nos seus stands centos de produtos con descontos entre o 50 e 80%- López Izquierdo valorou “moi positivamente esta nova edición da Feira, pois supuxo un importante revulsivo para a economía local. Ao longo dos tres días pasáronse pola carpa centos de persoas, rexistrándose un gasto medio por cliente de 22 euros”- Zapatería, téxtil, xoiería, lencería, bixutería, pel, agasallos, óptica, peiteado, cosmética, deporte e complementos foron as mercadorías que se puideron adquirir

A oitava edición da Feira Outlet, organizada pola Asociación de Mulleres Autónomas e Empresarias de Lugo co apoio do Goberno da Deputación e do Concello, pechou cun volume de negocio de 80.000 euros para os comerciantes lucenses que se sumaron á iniciativa. Así o subliñou a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, que valorou “moi positivamente esta nova edición da Feira Outlet, pois supuxo un importante revulsivo para a economía local e o comercio de proximidade”.

O evento tivo lugar os días 17, 18 e 19 deste mes, na carpa que a Deputación cedeu á Asociación de Autónomas na Praza Anxo Fernández Gómez, detrás da Casa do Concello, onde previamente se celebrou o Artesanfroilán. En total, participaron 30 comerciantes lucenses que ofreceron nos seus stands centos de produtos con descontos entre o 50 e 80%”.

López Izquierdo subliñou que “ao longo dos tres días pasáronse pola carpa centos de persoas, rexistrándose un gasto medio por cliente de 22 euros nos diferentes establecementos. Os días de maior afluencia e ventas foron o martes, día da inauguración e o xoves, coincidindo coas últimas de horas de descontos”.

30 comercios con descontos de ata o 80%

Un total de 30 comerciantes lucenses estiveron presentes nesta nova edición da Feira Outlet. Puxeron á venda centos de produtos variados de stock a prezos considerablemente reducidos, con descontos dun 50% a un 80%. Zapatería, téxtil, xoiería, lencería, bixutería, pel, agasallos, óptica, peiteado, cosmética, deporte e complementos foron as mercadorías que se puideron adquirir, moitas delas de destacadas marcas.

O listado de comercios participantes foi o seguinte: Aluma (téxtil); Backstage Store (téxtil); Baron (téxtil); Black Market (zapatería); Bonec (zapatería e complementos); Bonita Y Coqueta (bixutería e complementos); Casa Piedad (lencería); C. Serrano (roupa de neno); C.V.P. Regalos (agasallos); Destellos (roupa de muller); Dolores Promesas (roupa de muller); Ene Y Efe (calzado); Inpe (peletería); Joyería Senén-M&N Joyas (xoiería); Kucadas Boutique Infantil (téxtil); La Casita Pérez (téxtil de nenos); Lilas (mercería e lencería); Malizia Lenceria (roupa de muller); Miky Moda (comunión, roupa sport e calzado de nenos); Mi Pequeño Vestidor (roupa de muller); Óptica De La Torre (óptica); Peletería Lucus (artigos de pel, bolsos, bixutería); Pisotones (zapatería); Sainkho (téxtil); Stela (téxtil); Thesalia (téxtil); Tolda (téxtil de muller); Vas’s (téxtil); Yute (téxtil).