Deputación de Lugo

Comeza o curso da USC sobre recursos humanos no deporte coa única axuda do Goberno da Deputación

- O curso foi inaugurado hoxe por Rivera Capón, Deputado de Deportes; José Manuel Balseiro, delegado territorial en Lugo da Xunta, administración que non colabora; Lamas Novo, Subdirector de Relacións Laborais; e Hermo López, directora do curso - O Goberno da Deputación financia esta acción formativa co Plan de Choque, ao que achega 350.000 euros para ducias de iniciativas este ano en impulso do Campus Terra - Estruturado en 25 horas lectivas, este programa estival de formación e divulgación científica ofrece aos participantes coñecementos relacionados coas organizacións e equipos deportivos no entorno dos Recursos Humanos e as Relación Laborais

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou este martes na inauguración do curso de verán A xestión dos recursos humanos nas organizacións deportivas, que organiza a USC en Lugo coa única axuda do Goberno da Deputación. Faino a través de do Plan de Choque, que conta con 350.000 euros para o desenvolvemento de ducias de iniciativas ao longo deste ano coas que promover o Campus Terra.

Ao acto de hoxe, tamén asistiu José Manuel Balseiro, delegado territorial en Lugo da Xunta de Galicia, administración que non colabora con esta iniciativa; Luís Lamas Novo, Subdirector da Escola Universitaria de Relacións Laborais; e Teresa Hermo López, director deste curso de verán e docente de mencionado centro universitario lucense.

O curso está incluído na programación da Universidade de Verán da USC que se desenvolverá dende hoxe ata o 7 de xullo na Escola Universitaria de Relacións Laborais do Campus Terra da USC. Estruturado en 25 horas lectivas e aberto á participación de todas as persoas interesadas pola temática, este programa estival de formación e divulgación científica, está dirixido por María Teresa Hermo López.
 
Os obxectivos deste programa incluído na Universidade de Verán 2017 da USC pasan por ofrecer aos participantes coñecementos relacionados coas organizacións e equipos deportivos no entorno dos Recursos Humanos e as Relación Laborais. Ao longo dos diferentes relatorios programados analizaranse as bases conceptuais sobre grupos e equipos, comunicación, xestión e a temática xurídica e laboral na que se desenvolven.
 
O programa deste seminario estival da USC inclúe asemade a visita ás instalacións deportivas do CB Breogán e do CB Estudiantes Lugo, ao tempo que tamén está prevsita a celebración de relatorios sobre motivación e liderado nas organizacións deportivas, así como outras sesións de carácter práctico.