Deputación de Lugo

Lara Méndez inaugura a exposición “NM. Necesita Mellorar” dos alumnos da Escola Ramón Falcón

A Capela de Santa María acolle a mostra ata o 12 de xullo

A Vicepresdienta Segunda anuncia que a Sala de Expsocións do CENTRAD será un “referente de tendencia” A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, inaugurou este xoves na Capela de Santa María a exposición “NM. Necesita Mellorar”, dos alumnos da Escola de Artes e Superior de Deseño Ramón Falcón. A mostra, que permanecerá aberta ó público ata o 12 de xullo, serve de presentación ó primeiro número da revista do mesmo nome que elaboraron os 30 alumnos do terceiro curso da Especialidade de Deseño Gráfico. Lara Méndez destacou a orixinalidade desta iniciativa “coa que os alumnos presentan en volume as distintas seccións da revista que elaboraron durante o curso e poñen en práctica os coñecementos teóricos adquiridos nos últimos tres anos”. Ó acto de inauguración asistiu numeroso público, entre os que se atopaban moitos alumnos dos distintos cursos e especialidades da Escola. “Iste é un bo xeito de achegar este centro educativo á cidadanía e de que os veciños coñezan o traballo de novos artisitas lucenses que apostan pola creatividade e a innovación”. A responsable provincial apuntou que “a mostra entra dentro da nova filosofía que desde a Deputación e o Centro de Artesanía e Deseño lle queremos imprimir á Capela de Santa María. A nosa intención é transformar esta sala de exposicións nun referente de tendencia. Acollerá mostras locais, coma esta, pero podo anunicarlles que despois do verán tamén organizaremos outras que terán eco non só a nivel galego, senón tamén a nivel nacional”. O horario de apertura ó publico será, de luns a sábado de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas , e os domingos de 18:00 a 21:00 horas. “NM. Necesita mellorar” substitúe á “Borde Sur”, a mostra que reuniu ás mellores creacións de 59 artistas uruguaios de recoñecido prestixio, e que foi visitada por unhas 700 persoas durante o mes de maio.