Deputación de Lugo

O Presidente supervisou varias obras de comunidades veciñais financiadas pola Deputación no concello de Bóveda

Acompañado polo Alcalde de Bóveda, José Ramón Gómez Besteiro inaugurou a pista deportiva e de baile que construíron os veciños a cargo do Plan de Comunidades Veciñais da Deputación de Lugo.

O Presidente visitou o cemiterio de San Fiz, arranxado tamén a cargo dos fondos provinciais. Invitado polos veciños, o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou este sábado varias obras no Concello de Bóveda financiadas a cargo do Plan de Comunidades Veciñais desta institución. O mandatario provincial fixo fincapé na utilidade destas pequenas obras que contribuen a dignificar a vida no medio rural da provincia, independentemente do lugar onde escollar vivir un. O percorrido comezou no cemiterio de San Fiz, que hoxe presentaba un muro completamente arranxado, unha obra sufragada polo Plan de Comunidades Veciñais 2008. Unha hora máis tarde, no lugar de Ribas Pequenas, a comitiva encabezada por Gómez Besteiro, o Alcalde de Bóveda e representantes dos grupos políticos, protagonizou o acto de inauguración da pista de baile e deportiva. Esta obra responde ás demandas dos veciños, que non disponían dun lugar axeitado para os actos deportivos e de carácter lúdico. Gómez Besteiro subraiou a utilidade deste Plan porque contribúe a solventar pequenos problemas como traídas de auga, arranxo de camiños ou igrexas, muros de contención, accesos para o gando ou a muíños... que son grandes solucións no día a día para os veciños, de ahí o apoio da Deputación con 12.000 euros á creación deste espazo lúdico que tamén foi acondicionado para a actividade multideportiva dos máis pequenos. A anécdota da xornada estivo protagonizada polos adolescentes que quixeron recibir de mans do Presidente os carnets que os acreditaban como novos membros da Asociación Ribas Pequenas sen ánimo de lucro , o que demostrou o dinamismo desta zona do rural lugués. Casa escola en obras Antes de rematar o percorrido, a comitiva visitou as obras de restauración da casa escola de Ribas Pequenas que está executando a comunidade de montes. Os seus representantes pediron apoio financiero á Deputación a través do Plan de Comunidades Veciñais 2009, á que solicitaron 12.000 euros para concluír os traballos. O Presidente quixo coñecer de primeira man as instalacións antes de avaliar o reparto das axudas anuais.