Deputación de Lugo

O CENTRAD imparte por primeira vez un curso de técnicas de cestaría francesa

Imaxe deputación de lugo
Philippe Chastenet, recoñecido artesán en Francia, é o docente desta xornada na que se tratan ás técnicas de vimbio

O curso, organizado polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación provincial, desenvólvese dende este luns e ata o venres O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación provincial, organiza dende este luns e ata o venres o curso Cestaría francesa de vimbio, un xornada na que por primeira vez se ensinan técnicas desta tarefa empregadas específicamente por artesáns de Francia. Philippe Chastenet, un recoñecido artesán francés que estudou na Escola Nacional de Cestaría de Francia, Fayl Billot; é o docente que imparte as clases. Deste xeito, no transcurso do curso, trataranse as técnicas de travail a tour, e trace, así como o estudo dos diferentes cordóns e bordes empregados na cestaría francesa de vimbio. O curso, que ten un custo de 40 euros, vai dirixido a cesteiros profesionais ou noveis, amigos da artesanía e público en xeral, sendo 8 as prazas. O horario é o seguinte: de luns a venres de 10:00 horas e ata ás 14 horas, e de 16:00 horas e ata ás 20 horas. Por outra banda, o CENTRAD puxo punto e final este domingo a xornada Trenzado de cadeiras, un curso pioneiro que se desenvolveu no Centro de Cestaría do Río Rato durante a pasada fin de semana. Mónica Guilera, unha coñecida artesá catalana, foi a encargada de impartir as clases sobre a fabricación de asentos de cadeiras segundo as técnicas de trenzado. Un total de 10 persoas, foron os partícipes deste primeiro curso onde se traballou a fabricación de cadeiras empregando fibras vexetais.