Deputación de Lugo

Deputación e Sindicatos acordan varias medidas sobre a situación laboral dos traballadores da Deputación e INLUDES

A funcionarización, retribucións, fondo social e promoción interna, principais liñas que contempla o acordo

O Deputado de Recursos Humanos, Formación e Réxime Interior, Melchor Roel, presentou este luns o terceiro acordo ó que chegaron por unanimidade a Deputación e os representantes dos traballadores dos catro sindicatos: CIG, CCOO, CSI-CSIF e UXT, sobre retribucións e outros aspectos da política de persoal dos traballadores do organismo provincial e do INLUDES para o ano 2008. Melchor Roel agradeceu “o labor feito polos Sindicatos, a Xunta de Persoal e o Comité de Empresa para que este acordo se producise con consenso e unanimidade”. O Deputado de Réxime Interior explicou que o novo equipo de goberno optou desde o primeiro día polo diálogo social e polo consenso en materia de recursos humanos. Neste senso, destacou que “a incorporación á Mesa Xeral de Negociación dunha representación da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa e a dinámica dos últimos meses presidida pola transparencia e o interese no consenso, dan conta dunha nova forma de enfocar as relacións laborais nesta entidade”. Neste senso, o Deputado de Réxime Interior, explicou que “deste xeito ponse en marcha a aplicación do Estatuto Básico de Empregado Público (EBEP) aprobado en abril de 2007”. A proposta contempla, en primeiro lugar, o incremento anual das retribucións anuais tanto do persoal laboral da Deputación como do INLUDES. Con este convenio colectivo, os traballadores experimentarán un incremento do 2% respecto á cantidade que viñan percibindo no ano 2007. Melchor Roel engadiu que “con este novo acordo partimos dunha nova forma de entender o que é o traballo e o desenvolvemento das funcións dos traballadores. Aquí, con anterioridade, repartíase unha produtividade sobre uns 663.000 euros con criterios que dependían, pura e exclusivamente, das propostas dos servizos e da resolución dos delegados de áreas do goberno”. O Deputado provincial explicou que desta forma sobre os 633.000 euros que se distribuían a proposta do goberno, pásase a unha distribución de 905.738 euros. “A gran diferenza é que de distribuírse con criterios de responsabilidade política, 663.000 euros vanse aplicar co mesmo criterio que antes, pero cunhas pautas de cumprimento. Somentes 258.000, o resto incorpórase á produtividade que todos os traballadores da Deputación terán dereito a recibir neste ano”. Melchor Roel trasladou o compromiso da Deputación de renegociar o acordo o próximo ano. “Desta forma, estamos garantindo o mantemento do poder adquisitivo non só a través deste acordo senón a través do traballo que fan os empregados para o servizo público”. A funcionarización, a máxima prioridade O Deputado de Recursos Humanos indicou que neste acordo dáselle prioridade á funcionarización. Neste senso, explicou que para desbloquear este asunto creouse unha Comisión Técnica, constituída por catro membros do Comité de Empresa e o Presidente deste. Asimesmo, Roel destacou que “se incluirá no Cadro de Persoal 2008 un número de prazas equivalente ós postos que se funcionarizan ó tempo que se fixará un calendario de convocatoria e se programarán cursos preparatorios”. Promoción interna e valoración de hospitais O acordo tamén aborda a promoción interna para o 2008. O Deputado provincial asegurou que “neste caso terase en conta as necesidades dos servizos e respetarase o compromiso que tiña o anterior equipo de goberno”. Por outra banda, sinalou que “vamos a facer por fin a valoración dos hospitais de San Rafael e San José”. Deste xeito, Roel xa adiantou que esta semana volverase a reunir a Comisión Mixta donde se abordará as propostas que se fixeron por parte da Xunta de Persoal, do Comité de Empresa e dos Sindicatos. “Vamos a regularizar este persoal en todo o que significa para a transferencia dos hospitais ó SERGAS, somos a única Deputación que non ten integrado o servizo de Sanidade no Servizo Galego de Saúde. Precisamente, o outro día en Bruxelas, na reunión da Fundación Galicia Europa, tamén era a Deputación de Lugo a única que non participaba. Digamos que en moitos sitios vamos ter que recuperar o tempo perdido”, engadiu o Deputado der Réxime Interior. Representación e fondo social Melchor Roel subraiou que “este goberno provincial vai garantir a participación da representación social nos asuntos que afecten ó persoal da entidade, desde a Mesa de Contratación, Tribunal de Selección, Comisións de Valoración e todo a quelo que teña que ver coa situación laboral do persoal”. Outro dos asuntos que figuran no acordo é o fondo social. En relación a este tema establécese que a “ampliación será en proporción ó numero de efectivos e iremos á adecuación do Estatuto Básico do Empegado Público mediante a negociación cos órganos unitarios e os Sindicatos”. A Deputación fará a xestión deste acordo segundo o novo organigrama da Deputación, facéndoo extensivo ó persoal laboral do INLUDES. Deste xeito, o Deputado de Réxime Interior indicou “que a postura do goberno provincial é a de traballar e dar participación, xa que só desta forma, se pode chegar ó terceiro acordo por unanimidade en pouco menos dun ano que levamos de goberno. Esta directriz dá resposta á petición do Presidente da Deputación”. Pola súa banda, os sindicatos amosaron o seu convencemento do éxito do acordo. Sinalaron que se “trataba dunha antiga reivindicación, unha folla de ruta na que iremos abordando unha serie de temas cada ano”. Asimesmo, referíronse á funcionarización como “o maior logro que poden ter os traballadores”. Descargar Acordo Persoal