Deputación de Lugo

Os promotores do proxecto de dinamización tecnolóxica salientan que a iniciativa permite avanzar na construcción dun mercado laboral forte e competitivo

Imaxe deputación de lugo
O Concello de Lugo, a Deputación Provincial e a USC valoran como un éxito a experiencia que permitiu avanzar en novas tecnoloxías a 42 unidades empresarias da provincia

O Concello de Lugo, a Deputación Provincial -a través do Inludes- e a Universidade de Santiago -a través da Aula TIC-PEMES- presentaron esta mañá os resultados do proxecto de Dinamización Tecnolóxica que permitiu introducirse nas novas tecnoloxías a 42 empresas/asociacións de Lugo e da provincia. No acto participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, así como a profesora titular da área de Organización de Empresas, Ángeles López Cabarcos. O Alcalde de Lugo destacou que a colaboración establecida para levar a cabo o proxecto “só pode traer beneficios”. Así, explicou que o Concello viu cumpridos os tres obxectivos polos que colaborou na realización do curso. En primeiro lugar referiuse a aposta polas novas tecnoloxías de cara ao fortalecemento das empresas para que sexan competitivas no mercado. Ademais, a Universidade era o mellor dos colaboradores, tal e como indicou López Orozco, xa que ten o coñecemento depositado no profesorado e nos seus alumnos, os titores/dinamizadores do proxecto. Colaborar coa universidade “é a mellor garantía de que a mellor formación se trasladará á provincia”, subliñou. O terceiro dos obxectivo, destacou López Orozco, pasa polo fomento do coñecemento tecnolóxico por parte das empresas e asociacións participantes no proxecto. “É indudable que son ferramentas indispensables para estar no mercado” indicou. A formación, símbolo do progreso Na súa intervención, o Alcalde de Lugo destacou que a xornada celebrada hoxe e o curso celebrado coas empresas e asociacións desde o pasado mes de novembro, permitirán “impulsar a construcción dun mercado laboral sólido, forte, caracterizado pola formación como símbolo do progreso”. A vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, destacou o apoio “imprensindible” ás novas tecnoloxías como paso previo para aumentar a productividade e rendabilidade empresarial. Así mesmo, explicou que no proxecto se buscou a participación de representantes dos maís diversos sectores de toda a provincia co obxectivo de estender as novas tecnoloxías a todos os sectores.