Deputación de Lugo

Mulleres Rurais de Bóveda estrean con Km0 a ruta Ponte do Pasatempo, en Mondoñedo

Imaxe deputación de lugo
Ademais da Mariña, a Terra Chá, a Ribeira Sacra e a Montaña son os destinos elexidos polos 316 participantes desta semana no programa da Deputación

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Deputado da Rede Viaria Provincial e Alcalde de Castro de Rei, Juan José Díaz Valiño, recibiron este martes no Pazo de San Marcos a un grupo da Asociación Amas de Casa “Río Miño” de Meira e a outro do CEIP Veleiro Docampo de Castro de Rei, dentro de Km0. Deputación de Lugo. En total, 316 persoas participarán esta semana nas 6 rutas do programa de visitas institucionais e medioambientais que promove o organismo provincial. Logo de seren recibidos na Deputación e de coñecer o Centro de Artesanía e Deseño, os 55 veciños de Meira desprazáronse ata a Terra Chá, onde visitaron o seguidor solar, a Torre dos Andrade, o Museo Arqueolóxico e a charca de Alligal. Pola súa banda, os 55 estudantes de Castro de Rei elexiron o Concello de Ribadeo. Neste municipio percorreron o Centro de Cultivos Mariños, o Mosteiro das Clarisas e o casco histórico. O itinerario tamén incluiu unha travesía fluvial pola ría. Dentro dos centros e lugares dependentes da Deputación, visitaron a Insua Seivane e Piago. O mércores, 48 integrantes da Asociación “Camiña con Nós” de Friol decantaranse pola Ribeira Sacra. Antes de deprazarse á zona sur da provincia onde coñecerán os muíños de Xábrega e os Canóns do Sil, visitarán a Insua Seivane e Piago. Este mesmo día, 55 alumnos, de 11 e 12 anos, do colexio María Auxiliadora de Lugo viaxarán ata o Cebreiro. Nesta localidade farán a ruta de sendeirismo ata o primeiro hito francés, e visitarán o Museo Etnográfico, o albergue e a igrexa de Santa María A Real. Asimesmo, tamén subirán ó monte da Cruz e percorrerán a Fundación TIC e o centro de aves do río Rato. Polo que se refire ó xoves, 48 membros da Asociación Veciñal “Pensando en Todos” de Cospeiro farán un percorrido en catamarán por Amandi, ademais de facer a ruta a pé ata Pena do Castelo. Dentro do centros da institución provincial, o elexido será a produtora da Fundación TIC. Finalmente, 55 membros da Asociación de Mulleres Rurais “Amencer” de Bóveda estrearán a ruta “Ponte do Pasatempo”, que discorre polo Concello de Mondoñedo. No municipio mariñano, achegaranse ata o Museo Diocesano e coñecerán como se elaboran as tartas que lle dan nome a esta localidade. O percorrido inclúe unha visita ó zoqueiro que elabora zapatos de xeito artesanal e un paseo polo barrio dos Muíños. Antes de viaxar ata a Mariña, farán parada na oleiría de Bonxe.