Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo promociona na Fonsagrada a Reserva da Biosfera Terras do Miño

Imaxe deputación de lugo
A exposición “A Reserva da Biosfera Terras do Miño. LIC Parga-Ladra-Támoga. O Programa LIFE-Natureza” estará no IES Fontem Alobaei

O deputado delegado da Área de Medio Ambiente, Ricardo Parada, acompañado de Laura Vázquez Janeiro, bióloga do INLUDES, presentarán mañá na Fonsagrada, coincidindo coa Semana da Ciencia, a exposición “A Reserva da Biosfera Terras do Miño. LIC Parga-Ladra- Támoga. O Programa LIFE-Natureza”. A mostra amosa a labor realizada do INLUDES, organismo dependende da Deputación Provincial, en materia de educación ambiental, conservación e xestión do medio natural. A través de paneis ilustrativos, debuxos e fotografías, a exposición amosa a bioxeografía de Terras do Miño, a primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia no ano 2002. Desde mañá e, coincidindo coa celebración da Semana da Ciencia na Fonsagrada, a exposición permanecerá no IES Fontem Alobaei ata o vindeiro 19 de novembro. Foi inaugurada no ano 2005, converténdose nun dos obxectivos do programa LIFE-Natureza, proxecto piloto da futura xestión da Reserva Terras do Miño. Desde entón estivo exposta ó público no Museo Provincial de Lugo, no Centro de Interpretación da Lagoa de Cospeito, no Centro de Interpretación Terras do Miño e no Auditorio de Mondoñedo co gallo da celebración do seminaro “A Rede Natura 2000 a debate”. A mostra consta de paneis de interpretación, aparellos de pesca, batuxo e dunha proxección audiovisual, así como dunha visita guiada coa que se dará a coñecer os valores etnográficos e ambientais da Biosfera. Unha vez rematada a estancia no concello fonsagradiono, a exposición continuará o percorrido polos distintos municipios da provincia co obxectivo de achegar ós escolares e á poboación en xeral conceptos como os de “Reserva da Biosfera” ou “Rede Natura 2000”.