Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participou na inauguración da sexta edición de Artenadal

A Praza da Soidade acollerá esta feira entre ata o 5 de xaneiro

A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, participou este venres na inauguración da sexta edición de Artenadal. Lara Méndez acompañada da Concelleira de cultura, Concepción Burgo, realizou unha visitapolas instalacións e aproveitaron a ocasión para saudar a cada un dos feirantes. Na feira, que está organizada pola Concelleiría de Cultura, pola Deputación de Lugo, pola Consellería de Innovación e Industria e pola Asoción Artimaña, ponse á venda produtos de diversa índole realizados por 22 artesáns da provincia. A Feira de Artenadal 2007 encádrase dentro do Programa de Nadal da Concellería de Cultura e está ubicada na Praza da Soidade, que acollerá esta feira entre o 21 de decembro e o 5 de xaneiro e manterá abertas as súas portas entre as 11:00 e as 14:30 horas pola mañá e as 17:00 e as 21:30 horas. A bisutería, a roupa de tecidos elaborados a man, pezas exquisitas e orixinais estarán presentes nesta feira que mañá abre as súas portas ata o día 5 de xaneiro, excepto os días 25 de decembro e o 1 de xaneiro. Este ano destaca o aumento do número de artesáns, que ascende a 22, dous máis que o ano pasado, e que proveñen de puntos de toda Galicia, de Asturias, e de Castela e León, o que demostra que é unha feira artesanal consolidada e de referencia entre estes profesionais. Nun total de 18 postos, un máis que o ano pasado, presentaranse propostas artesanais moi sorprendentes e innovadoras, á vez que se manteñen os estilos máis clásicos da artesanía, como son os traballos en cerámica, en prata ou en coiro. Destacan pola súa orixinalidade unhas pezas realizadas con cravos de ferraduras.