Deputación de Lugo

A defensa do papel que desempeñan as Deputacións, principal tema da reunión da FEMP

Gómez Besteiro participou na xuntanza na que tamén se abordou o sistema de financiamento das entidades locais

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este mércores na reunión da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares celebrada na sede da Federación Española e Municipios e Provincias (FEMP) en Madrid. Gómez Besteiro acudiu á xuntanza na que tamén se deron cita os Presidentes de 25 Deputacións de España: Barcelona, Valladolid, Ourense, Menorca, Badaxoz, Huesca, Cidade Real, Lleida, Xaén, Burgos, Guadalaxara, Segovia, Cáceres, Almería, Teruel, León, Mallorca, Palencia, Granada, Tarragona, Alacante, Albacete, Valencia, Tenerife e Sevilla. O máximo mandatario provincial cualificou de satisfactorio o encontro inciado ás 12:30 horas do mediodía e no que se reflexionou, principalmente, sobre o papel que desempeñan as Deputacións na actualidade co obxectivo de convertilas en administracións útiles para ós Concellos, ofrecéndolles solucións ós problemas que as administracións locais plantexan. Neste senso, abordouse o sistema de financiamento das Facendas Locais e a nova Lei de Réxime Local, así como o informe sobre as negociacións que se están levando a cabo coa Sociedade Xeral de Autores e Editores (SXAE) e sobre o SATI (Servizo de Asesoramento Técnico e Información), que actúa para solventar cuestións que preocupan ás Corporacións Locais en relación co desplegue da telefonía móbil tanto nos aspectos xurídicos, tecnolóxicos e medioambientais. Outro dos temas tratados versou sobre a REDE de Gobernos Locais BIODIVERSIDADE 2010 (sección da Federación Española de Municipios e Provincias adicada á promoción de políticas locais para a conservación e uso sostible da biodiversidade e a conservación do patrimonio natural).