Deputación de Lugo

O responsable da Área de Cultura, Antonio Veiga,
inaugurou a mostra (1,2,3,4,5) - 5 fotógrafos e un espazo

O responsable da Área de Cultura, Antonio Veiga,

Inaugurouse hoxe, ás 20:00 horas, unha mostra fotográfica colectiva dos lucenses Alfredo Bongianni, Luis Engroba, Germán Limeres, José Reigosa e Damián Varela. O Responsable da Área de Cultura, Antonio Veiga foi o encargado de inaugurar, xunto cos artistas lucenses, esta mostra que permanecerá aberta na sala de exposicións da Deputación de Lugo dende o 17 de abril ao 15 de maio. Antonio Veiga lembrou aos asistentes o empeño do goberno da Deputación, e concretamente da área de cultura, por darlles aos creadores lucenses un espazo no que poidan achegar a súa obra á cidadanía. A exposición que hoxe se inaugura é unha mostra fotográfica na que os autores apostan pola diversidade de estilos que partindo da creatividade individual conforman un experiencia colectiva no que se respecta o universo creativo de cada un deles. Son, cinco formas diferentes de mirar a realidade, cinco contornas diferentes que captar, cinco actitudes ante a imaxe, cinco experiencias, ao fin a mirada de cinco observadores que comparten con nos o seu punto de vista da realidade que nos rodea. Segundo comentou o Responsable da Área de Cultura, o nacionalista Antonio Veiga, no acto de inauguración “Esta exposición colectiva é unha aposta arriscada, son cinco visións diferentes do mundo globalizado que nos envolve, cinco visións con nome propio que nos achegan esta realidade a través da imaxe e do obxectivo de cinco autores, de cinco fotógrafos lucenses que achegan a súa obra a este museo no seu 75 aniversario”.