Deputación de Lugo

O CENTRAD presentarase na 26 edición da Grande Noite de Galicia en Barcelona cunha selección de pezas de cestería

Imaxe deputación de lugo
O Deputado de Medio Ambiente, Ricardo Parada, participará nesta celebración que se desenvolve na capital catalana desde o ano 1982

Un total de 25 pezas pertencentes a unha colección de cestería representará ó Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación de Lugo na vixésimo sexta edición da Grande Noite de Galicia que se celebrará en Barcelona o vindeiro venres, 29 de febreiro. Trátase dunha colección do CENTRAD que contén pezas de toda Galicia elaboradas con xuncos, baras, madeira e técnica mixta. Neste día, no que os cataláns exaltan a gastronomía, a cultura e o turismo de Galicia, tamén se repartirán dípticos informativos sobre a actividade do Centro de Artesanía e Deseño de Lugo. O Deputado de Medio Ambiente, Ricardo Parada, asistirá a esta celebración que supón un xesto de irmanamento entre galegos e cataláns e na que participarán destacadas personalidades de ámbalas dúas comunidades. Como cada ano, ademais de celebrar a festa máis representativa de Lugo, o San Froilán, farase entrega de diversos galardóns, como a “Insignia Percebe de Ouro” en recoñecemento a quenes contribuiron ó éxito da “Grande Noite de Galicia en Barcelona”, así como dos trofeos “Gran Percebe de Prata” e “Percebe de Ouro” para premiar a institución ou a persoa que máis se distinguise na promoción de Galicia tanto en España coma no extranxeiro.